- Foron trinta persoas
- A vindeira será o 21 de setembro, un venres
Castelo de Vimianzo
Ribeira, 28 de agosto de 2012.- Un total de 30 persoas maiores de 55 anos e veciños de Ribeira participaron esta fin de semana nunha viaxe cultural á Costa da Morte. A iniciativa enmárcase dentro do programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores e foi organizada polo Concello a través do Departamento de Servizos Sociais.
A viaxe consistiu na visita das principais poboacións que conforman a Costa da Morte: Muros, Ézaro, Corcubión, Finisterre, Cee, Camariñas e Vimianzo.
Mirador do Ézaro
O autobús saíu ás 8 horas de Ribeira e regresou ás 22 horas. Ao mediodía os excursionistas achegáronse ata Cee para facer unha parada e comer empanada caseira e unha grellada de pescado.
A pesar de que o mal tempo lles acompañou ao longo da mañá, os participantes aseguraron que a viaxe foi moi bonita.
Próxima excursión: Portugal
Monumento ao touro de lidia en Ponte da Lima
A próxima excursión está prevista para o 21 de setembro. Recorrerase o norte de Portugal e visitarase as localidades de Vila Nova de Cerveira, Caminha, Viana do Castelo, Santa Lucía e Ponte da Lima.
Ata o momento, realizáronse viaxes dentro do programa a Ferrol, Illa de Sálvora, Cambados e a Ría de Arousa.
Enxalzan unidade arredor de Feijóo fronte á división de nacionalistas e socialistas ow.ly/dhAurSi, parece que estamos en campaña.
— Certo (@Certo) August 28, 2012
Ribeira: este mércores 29, visita institucional do presidente da Xunta, Núñez Feijóo. Ou sexa, non vai facer propaganda política.
— Certo (@Certo) August 28, 2012#eraboa
— Novas Xeracións de G (@novasxeracions) August 28, 2012
@ppdegalicia Un Goberno que puxo a Galicia por diante merece ser revalidado o vindeiro 21 de outubro bit.ly/SIhJIL
La subida de combustibles impulsa la bicicleta, bajando humo, grasa y déficit sanitario. El gobierno nos cuida.
— Bufet Almeida (@bufetalmeida) August 28, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario