- A xornada lúdico-educativa tamén serviu para sensibilizar aos máis pequenos sobre a necesidade de doar sangue e órganos
Santa Uxía de Riveira, 27 de agosto de 2012.- Un total de 140 nenos participaron hoxe na xincana de neurociencia e sensibilización sobre a doazón de órganos e sangue que organizou a concellería de Cultura, que dirixe Elvira Pisos Arnoso, dentro do programa de Verán Cultural 2012 nos obradoiros Verán Rechinán de Aguiño e Xoga con Nós de Ribeira.
A iniciativa perseguía sensibilizar aos participantes (nenos e nenas de 2 a 7 anos) da importancia da saúde, da sanidade e da solidariedade na doazón de órganos e sangue.
As actividades leváronse a cabo de xeito lúdico con animacións adaptadas aos distintos grupos de idade.
Cinco sentidos
A xincana estaba dividida en cinco estacións nas que se traballaron os sentidos do olfacto, oído, tacto, gusto e vista.
Na primeira identificaron os olores que proviñan dunhas caixas tapadas. Na vista fixeron carreiras para coller siluetas que se lles mostraba e, tamén, comprenderon porqué se producen os efectos visuais, co uso duns anteollos e unhas figuras distorsionadas. No gusto, probaron diferentes sabores e debían acertar se era doce, salgado, ácido ou amargo. No oído, fixeron un bingo de sons, no tiñan que oír o canto dun animal e marcalo en caso de telo debuxado nunha ficha. Antes de cada xogo se lles explicou cómo funcionaba cada un dos sentidos.
Ao final da ximcana fíxose un pin, coa mascota da doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia, que se chama “Pinga” é é unha gota de sangue. Ao mesmo tempo que realizaron esta manualidade explicóuselles a importancia da doazón de sangue e órganos, indicándolles que España é pais punteiro como doador.
— Mario Conde (@mariocondeconde) August 27, 2012
@actuario_js Convocar por interes personal o de partido es usar espuriamente a Galicia, aunque la ley le deje hacerlo
Hola
— Alfredo Díaz (@alfredodiaztwit) August 27, 2012@marianorajoy: Euskadi y Galicia adelantan sus elecciones al 21-O. ¿Por qué no te apuntas tú también y hacéis un 3x2? Besos y abrazos.
No
— Certo (@Certo) August 27, 2012@gconfidencial xa están os comentaristas e os correspondentes trolls en campaña: galiciaconfidencial.com/nova/11343.html En plan#e ti máis!#eló
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario