EducAldea: "Comezamos o curso cunha boísima noticia. O noso cole ganou o 2º premio do concurso fotográfico Móllate polo galego organizado polo colectivo Vitaminas para o galego.
A fotografía foi deseñada desde o Equipo de Dinamización Lingüística e tivo como modelos a Helena e Rodrigo, alumnos de primeiro curso.
Como recompensa a este bo traballo os organizadores de Móllate polo galego premiáronnos cunha tablet para o noso cole, doada por Informática Castelao de Rianxo.
Neste post podedes ver a nosa foto premiada e un pequeno vídeo con máis fotografias feitas o primeiro día de clase".De novo temos que dar os parabéns aos premiados e, se para o ano continúa a campaña, procuraremos dende Vitaminas para o galego que haxa máis camisolas -ou outro material que foi deseñado para esta campaña- do tamaño dos máis cativos. Identificada a gañadora do terceiro premio
Esta foi a foto gañadora da cea para dous no Furancho Esta semana tamén se deu a coñecer a autora da imaxe que resultou gañadora do terceiro premio, consistente nunha cea para dúas persoas no restaurante Furancho de Rianxo. Trátase de Marina Losada Vicente, que tamén enviou outras fotos, como unha que fixo dubidar bastante ao xurado na que amosaba unha camisola co lema "Móllate polo galego" feito con follas naturais. Dende aquí, noraboa polo terceiro premio e por tan activa participación na campaña. Antes, en Certo:
Rianxo, 11 de outubro de 2012. Lémbranse da imaxe superior? Foi a que gañou o segundo premio do certame de fotos da campaña "Móllate polo galego" que impulsou a plataforma "Vitaminas para o galego" grazas ao patrocinio do Concello de Rianxo. Pois hoxe os nenos protagonistas da imaxe, Helena e Rodrigo, pousaron de novo, xa cada un cunha camisola para as medras, para recoller a tablet -taboíña electrónica en galego?- que doou a tenda de informática Castelao, tamén de Rianxo. A foto foi argallada polo Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Brea Segade (Taragoña) que dirixe José Luís Dopico Orjais. Así o contan no blog do centro, A fotografía foi deseñada desde o Equipo de Dinamización Lingüística e tivo como modelos a Helena e Rodrigo, alumnos de primeiro curso.
Como recompensa a este bo traballo os organizadores de Móllate polo galego premiáronnos cunha tablet para o noso cole, doada por Informática Castelao de Rianxo.
Neste post podedes ver a nosa foto premiada e un pequeno vídeo con máis fotografias feitas o primeiro día de clase".De novo temos que dar os parabéns aos premiados e, se para o ano continúa a campaña, procuraremos dende Vitaminas para o galego que haxa máis camisolas -ou outro material que foi deseñado para esta campaña- do tamaño dos máis cativos. Identificada a gañadora do terceiro premio
Esta foi a foto gañadora da cea para dous no Furancho Esta semana tamén se deu a coñecer a autora da imaxe que resultou gañadora do terceiro premio, consistente nunha cea para dúas persoas no restaurante Furancho de Rianxo. Trátase de Marina Losada Vicente, que tamén enviou outras fotos, como unha que fixo dubidar bastante ao xurado na que amosaba unha camisola co lema "Móllate polo galego" feito con follas naturais. Dende aquí, noraboa polo terceiro premio e por tan activa participación na campaña. Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario