- Esta empresa obtivo a maior puntuación de entre as 42 ofertas presentadas na licitación
- A obra será adxudicada por 2,86 millóns de euros e conta cun prazo de execución de sete meses e medio. Deses cartos, o 80% son fondos europeos
- A empresa non está pasando polos seus mellores momentos, pois acaba de facer un ERE que afectou case ao 10% da súa plantilla
Ribeira, 11 de outubro de 2012. O Concello informa de que no día de onte concluíu o proceso de licitación do novo mercado municipal e que a mesa de contratación decidiu propoñer como adxudicataria desta actuación (a máis cuantiosa de cantas integran o proxecto Riveira Atlántica 2015) á entidade Corsán-Corviam, Construcción. S.A. Esta empresa presentou unha oferta económica de 2,86 millóns de euros (2,36 millóns + 21% de IVE) e un prazo de execución de 225 días, obtendo a mellor puntuación de entre as 42 empresas que concorreron no procedemento de licitación. Simultaneamente, Portos de Galicia e Concello de Ribeira veñen de formalizar o acordo en virtude do cal o ente dependente da Consellería do Mar outorga á administración local a concesión definitiva do chan sobre o que se edificará parcialmente o inmoble. O mercado ten que estar rematado antes de decembro de 2013Así e logo, e unha vez se cumpran os preceptivos trámites de requirimento de documentación e outros pasos preliminares, estímase que o inicio das obras se fará efectivo no mes de novembro, de tal xeito que, ao abeiro dos sete meses e medio contemplados como prazo de execución, existe un amplo marxe para garantir que a edificación estea concluída antes do 31 de decembro de 2013, tal e como esixen os fondos Feder cos que se cofinancia o proxecto Riveira Atlántica. A actuación tamén recibiu unha achega de 900.000 euros da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. O barco de cristalEn canto ás características do novo mercado, a estrutura do inmoble, proxectado polo arquitecto Celso López Martín, simulará un barco de cristal cunha fachada inclinada que en función da hora do día irá cambiando os tons e sensacións e estará serigrafiada con tramas do seu produto estrela, o peixe. A instalación caracterizarase pola súa eficiencia enerxética e o emprego das TIC como elemento integrador e de xestión tanto interna, externa como relacional, xa que estará equipado cunha central de compras que operará a través de Internet e que coordinará o servizo de repartición. Estará distribuído en cinco plantas: unha planta soto para labores de carga e descarga, cámaras frigoríficas, vestiarios..., unha planta baixa pensada para os pescados e os mariscos, unha primeira que albergará inicialmente outros produtos perecedoiros..., unha segunda para artigos non perecedoiros e unha terceira que albergará o restaurante. Na última planta haberá unha terraza que prestará servizo ao local de hostalería do piso inferior. A edificación estaría preparada para conectar, chegado o caso, cun aparcamento subterráneo con 200 prazas.
Corsán-Corviam pacta con los sindicatos su ERE, que se reduce a 123 trabajadores, el 9,4% del total europapress.es/economia/notic… vía @europapress_es
— Certo (@Certo) October 11, 2012
Los sindicatos de Corsan convocan una huelga indefinida desde el 3 de octubre expansion.com/2012/09/26/emp… vía @expansioncom
— Certo (@Certo) October 11, 2012
18 de setembro de 2012: Corsán-Corviam presenta un ERE para 163 trabajadores, el 12,5% de su plantilla: paginanoticias.es/n/Economia/74r…
— Certo (@Certo) October 11, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario