16.11.12

Noia: o Concello resolve o contrato da piscina e, logo do pleno deste mes, pasará a dirixir a piscina

  • Xa se traballa co día 12 de decembro como data de reapertura, tras arranxar as deficiencias detectadas
  • O Concello faise cargo dos traballadores da concesionaria polo momento

Media_httpfarm9static_rfzan

Entre as deficiencias denunciadas, a incorrecta temperatura da auga

Noia, 16 de novembro de 2012. Segundo informa hoxe o Concello de Noia en nota de prensa, "unha vez finalizado o prazo dado desde o Concello de Noia á empresa que ten a concesión da piscina municipal, os técnicos municipais comprobaron o incumprimento das órdenes dadas de realizar as obras de mantemento precisas e de reapertura da instalación.  Ante esta situación (previsible dada a pasividade da empresa), desde o Concello tomáronse distintas medidas:

  1. Desestimáronse os recursos presentados, ademais iniciouse a desestimación da solicitude de desequilibrio económico 
  2. O máis importante: iniciouse o expediente de secuestro da concesión para o restablecemento inmediato do servizo, e ao mesmo tempo iniciouse o proceso de resolución contractual".

Os trámites a seguir agora son a notificación á empresa da incoación do inicio destes expedientes e audiencia antes de levalo ao pleno extraordinario que se celebrará na última semana do mes.  Unha vez se celebre o pleno, o concello pasará a dirixir a piscina, facendo as obras precisas para reabrir a piscina a primeiros de decembro, "previsiblemente o mércores 12 de decembro".

Segundo fontes municipais, "o secuestro da concesión é unha medida moi excepcional, onde o concello se fará cargo da concesión, facéndose cargo temporalmente de todas instalacións, materiais e incluso traballadores. Mentres dure o secuestro (que ten un máximo de dous anos, pero que a previsión é que dure ata a resolución do contrato), os traballadores seguirán mantendo a relación contractual coa empresa, pero baixo a dirección do concello a través do interventor técnico que se designe en representación da administración municipal".

Media_httpfarm9static_hejbg

En Boiro, por causas semellantes, a piscina leva pechada dende xullo

Tamén aclara o Concello que "as irregularidades detectadas son moitas, de feito no 2011 xa se lle abriron expedientes sancionadores á empresa en varias ocasións. Os principais erros son os incumprimentos en mantemento das instalacións, que culminou coa desatención á orde de realizar as obras precisas en 15 días e reabrir o servizo, pero xúntanse outros incumprimentos como non ter o persoal axeitado segundo contrato, mala atención aos usuarios, eliminación do servizo de raios UVA, supresión de actividades que debería realizar, temperatura incorrecta na auga e un longa lista de irregularidades".





 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical