Noia, 31 de decembro de 2012. A Sociedade Liceo de Noia organiza a unha nova mostra de arte que será inaugurada este vindeiro venres 4 de xaneiro ás 20:30 horas. Desta volta, o artista invitado é o actor natural de Lousame Ricardo de Barreiro, que tamén é pintor e debuxante.
De Barreiro espuxo os seus traballos en varias salas de Galicia, con títulos como "Dende o modernismo ata o cubismo irónico", "A tinta da vida" ou "O baile dos recordos"
Tamén colabora en diversas revistas culturais como "A Caramuxa", "Leña verde" e a do IES "Virxe do Mar" de Noia ("Casa da Gramática"), tanto escribindo como debuxando. Entre as súas creacións está "Colección Acibeche" (literatura, pintura e interpretación).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario