- Un cento de bandeirolas pola cidade lémbranlle á veciñanza que sería bo e necesario que se mercase ao pé da casa
Ribeira, 27 de decembro de 2012.- Coa fin de estimular a actividade comercial en Ribeira durante a época de Nadal, o Concello vén de lanzar unha nova iniciativa promocional consistente na colocación pola cidade de banderolas dirixidas a lembrar á cidadanía a importancia de apoiar ao comercio de proximidade. A súa mensaxe, “mercando no teu concello fas un bo nadal“. Tod@s sabemos dos estragos que fai entre a poboación de cada concello de Barbanza e Noia a case imperiosa necesidade de ir aos grandes centros comerciais de Santiago, Coruña e mesmo Vigo ou norte de Portugal, non só polos prezos máis competitivos, senón pola diversidade de actividades de ocio que se atopan nas grandes cidades.
Para facer fronte a esta estampida de veciñ@s que se van ás grandes áreas urbanas, dende a tarde de onte estanse a instalar un cento destas banderolas ao longo das rúas e prazas do casco urbano, así como nos diferentes accesos á cidade (avenida da Coruña, avenida de Ferrol, estradas dende O Vilar e O Touro, etc...).
Deste xeito, dáse resposta a unha demanda planteada por algúns propietarios de pequenos e medianos negocios, que solicitaban máis promoción nestas datas tan importantes a fin de ver incrementadas unhas ventas que, ata o de agora, non están a acadar o nivel do Nadal pasado.
Outras iniciativas
Esta iniciativa vénse engadir a outras accións nas que participa o Concello co mesmo obxectivo. Dende a carpa promovida pola Federación de Empresarios de Barbanza con financiamento da Deputación ata o completo programa de actividades organizado en conxunto coa Asociación de Empresarios de Ribeira, que inclúe unha ludoteca posta en marcha en distintos días, unha charanga para animar as rúas de Ribeira e Palmeira, a celebración de obradoiros na rúa (maquillaxe, postais de Nadal, abalorios, globoflexia...), a instalación de inchables de Nadal ou as mascotas animadas, que pasearán polas rúas, prazas e mesmo establecementos comerciais da cidade, saudando e repartindo caramelos.
Ribeira: "SuperHumanos" preséntase este venres 28 post.ly/A3k7H Ribeira: O Apalpador vén a cidade da man de Altofalante post.ly/A3jwG A meirande parte dos deputados do Congreso marcharon para casa en preferente o 20/12 e non volverán ata o 12/2.#lavidaeschula A @xunta considera restos de cianuro "non perigosos". Así calquera fai declaracións de impacto! A fiscalía non actúa? adega.info/info/090121joo…
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario