- A agrupación socialista boirense quere "dar todas as facilidades posibles a veciños e veciñas de Boiro para que poidan estar en contacto con nós"
Boiro, 21 de xaneiro de 2013. Esta mañá foi presentada na sede do Psoe de Boiro a "Oficina do Concelleiro". Dende hoxe anuncian que estarán todos os luns dende as 17,30h. ata as 20h. na sede sita na Avenida da Constitución, 75 Entrechan B, para recibir e atender os veciños e veciñas "que precisen da nosa axuda en temas relacionados co noso Concello así como para calquera trámite burocrático".
Segundo explican os socialistas de Boiro, cuxo portavoz é Jorge Campaña, "esta executiva aposta de forma clara polo contacto directo cos todos os estamentos da sociedade boirense. Dende xa, vamos a traballar de forma conxunta con aqueles colectivos que así o desexen, tendo o primeiro encontro a vindeira semana cas ANPAS do noso municipio. Como sabemos, o sector educativo é dos máis castigados polos recortes do PP, por eso consideramos prioritaria esta xuntanza. O novo partido Socialista boirense pretende estar ao carón da xente, coñecer de primeira man os seus problemas e preocupacións, pero tamén, as súas ideas e posibles aportacións en prol dunha sociedade máis xusta e equitativa. Deste xeito cremos que conseguiremos minimizar o impacto que está a ter a crise nos boirenses. Os socialistas de Boiro non entendemos a política doutro xeito que non sexa a cercanía cas persoas, pero non só amosándolle a nosa empatía e comprensión, senón tamén, poñendo á súa disposicíón todas as ferramentas ao noso alcance, como poden ser, asesoramento xurídico, urbanístico, etc".
Sinalan que "dende logo o que temos claro é que os socialistas boirenses temos que camiñar na senda de contar coa opinión e ideas dos veciños e veciñas boirenses. De aí a importancia da creación desta oficina, o noso lema a partires de agora vai a ser: ESCOITAR, INFORMAR, PROPOÑER E CONSENSUAR, levando esto ata as últimas consecuencias porque cremos que é o único camiño para facer as cousas ben, mirando sempre polo interese xeral de todos os boirenses. En concordancia con este xeito de facer política dos socialistas boirenses, queremos lembrar que estaremos na nosa sede, a casa do pobo, todas as tardes da semana a partir das 8, exceptuando o lúns que será a partir das 5 e os sábados de 11 a 13h., atendendo aos boirenses no que precisen".
PROXECTO DE BOIRO A LONGO PRAZO
Tamén sinalaron na roda de prensa que ata os inicios de 2015 os diversos militantes socialistas de Boiro van elaborar "un proxecto do Boiro que queremos a longo prazo. Este proxecto será presentado ós cidadáns nas eleccións municipais, pero non será un mero
programa electoral, senón un proxecto de futuro, un texto no que se vexa plasmado un Boiro sostible, un Boiro moderno, dinámico, áxil e adaptable a este mundo tan cambiante no que nos atopamos. Xa é hora que nós, os socialistas, fagamos política proactiva, adiantándonos ós acontecementos, sen ter que lamentarnos despois das consecuencias de non ter tomado decisións en tempo e forma".
Para elaborar ese proxecto convidan á veciñanza e diversos colectivos de Boiro a que participen. "Necesitamos as súas aportacións, ideas, críticas e opinións. Este ten que ser un proxecto consensuado polo maior número de xente posible, sen discriminar nin deixar de
lado a ninguén.Para este mes que entra, comenzaremos xornadas temáticas de economía, urbanismo, emprego, servizos sociais, etc., en definitiva, de tódolos temas que abranguen a vida dun municipio como o boirense. Nestas xornadas estamos seguros que sairán ideas para plasmar no proxecto. A estes foros estarán presentes cargos socialistas representativos a todos os niveis para aportar a
súa experiencia e tamén escoitar os veciños e veciñas boirenses. Por suposto, podrán asisitir todas aquelas persoas que así o desexen, que de feito, é o obxetivo primordial".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario