21.1.13

Ribeira: o Concello estudará xunto cos donos de comercios nas rúas peonís como relanzar a súa actividade

  • Convocouse unha reunión para este xoves, 24 de xaneiro, ás 21 horas no salón de plenos
Media_httpfarm3static_gimch

A rúa Galicia é unha das recentes peonís da cidade

Ribeira, 21 de xaneiro de 2013.- Unha das prioridades nas que está a traballar o Goberno Local é "a dinamización e potenciación do tecido comercial do municipio", explicaba hoxe en nota de prensa o Concello.

Sobre esta premisa aséntase a reunión que vén de convocar o Executivo do Concello coa Asociación de Empresarios e cos comerciantes da zona peonil da cidade (rúas Galicia, Santa Uxía, Manuel Lustres Rivas, etc...): unha reunión que ten como obxectivo alcanzar entre todos fórmulas que redunden na posta en valor dos establecementos, nunha atención de calidade e personalizada e, consecuentemente con todo isto, nun maior número de clientes e vendas ao longo do ano.

Entre os puntos que se van tratar na xuntanza figuran a dotación de novos servizos que lles faciliten as súas compras aos clientes e usuarios dos establecementos ou unha regularización axeitada dos espazos e horarios en áreas peonís.

A reunión terá lugar o próximo xoves, 24 de xaneiro, ás 21 horas no salón de plenos do Consistorio.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical