Rianxo, 13 de febreiro de 2013. O Concello de Rianxo organiza este sábado, 16 de febreiro, ás 21 horas no auditorio, o VIII DÍA DO DEPORTE, no que se vai recoñecer o traballo e os logros deportivos das entidades e deportistas rianxeiros. Os clubs deportivos deste concello, os deportistas máis destacados e os patrocinadores que apoian o deporte serán os principais protagonistas deste acto que xa chega á súa 8ª edición. Posto que a última se celebrou no 2008, nesta repasaranse os momentos mais destacados do deporte local durante estes catro anos. Ademais, farase entrega do Premio ó Mérito Deportivo, que cada edición recae nunha persoa cunha traxectoria de especial entrega e adicación na promoción do deporte e dos valores deportivos en Rianxo. Estará presidida esta gala do deporte rianxeiro polo Alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e o Concelleiro de Deportes, Joaquín Domínguez Salgado, contando coa participación doutras autoridades locais.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario