- Foi na reunión do Consello Sectorial de Pesca e para facer un rexistro de solicitantes
Ribeira, 20 de febreiro de 2013.- O Consistorio acubillou esta mañá unha nova reunión do Consello Sectorial de Pesca de Ribeira co obxecto de realizar un seguimento por distintos asuntos que son de interese para o noso sector do mar
Imaxe virtual da futura lonxa, que debería estar antes de 2015
Un destes asuntos tivo que ver coa Nova Lonxa, e máis concretamente cos espazos que conforme ao proxecto de execución van ser habilitados na futura infraestrutura para uso de compradores e transformadores.
Así, durante a reunión constatouse o alto grado de interese existente entre un gran número destes operadores por facerse cun destes espazos. Ao obxecto de confeccionar un rexistro de demandantes, tomouse a decisión de solicitar a Portos de Galicia que informe das condicións baixo ás que se pretende adxudicar eses locais, detallando aspectos tales como os tempos de concesión, o valor do metro cadrado ou as taxas que se eventualmente se pretenden aplicar sobre os mesmos.
Outro dos temas referidos durante a reunión foi a necesidade de que se tomen as medidas oportunas para que se garantan os pagos nas transaccións coas vendedurías. A este respecto, acordouse estudar a posibilidade de que se reforme o vixente regulamento da lonxa en aras a que impere unha maior seguridade xurídica neste tipo de operacións.
Transportistas
Tamén se debateu a localización dun emprazamento axeitado para o estacionamento dos vehículos dos transportistas: un asunto sobre que o alcalde Manuel Ruiz deu conta das xestións realizadas ata o momento e no que se coincidiu de maneira unánime en dar o visto bo á última das propostas tomadas en consideración: é dicir, a de que ese aparcamento para camións se sitúe nas inmediacións da actual lonxa municipal.
Por último, a reunión serviu tamén para que se puxera en coñecemento dos integrantes do Consello sectorial a problemática derivada de que barcos de arrastre doutros países, como é o caso de Portugal, operen nos caladoiros españois baixo diferentes condicións ás que aquí rexen. Farase un informe ao respecto.
Ribeira: a asociación Altofalante homenaxea a Rosalía este sábado 23 de febreiro post.ly/AD7cI Es acojonante… hace unas semanas Rajoy estaba acabado… Hoy llega @_rubalcaba_ y lo resucita. Hay que ser muy inútil, pero mucho... Nova entrega do mariñeiro poeta: O SEXTANTEDAALMA.4º POEMADUNHATRANSFUSIÓNOCEÁNICA: youtu.be/dVEDol2ydbY Ribeira: dá gusto escoitar a Xosé Lois Vilar falar sobre toponimia. youtu.be/ktgTCmZimA8 vía @ateneovalleinclan Na charla no Ateneo Colaboración: el discurso de Mariano Rajoy encaja con lo que José Manuel Pena escribe: vive una realidad diferente certo.es/index.php?page…
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario