8.3.13

Política: Compromiso por Galicia de Muros-Noia presentou o seu blog comarcal

Blog

  • Manolo Seijas e María Xosé Alfonso presentárono na casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos" de Noia esta mañá
Noia, 8 de marzo de 2013. http://www.cxgmurosnoia.blogspot.com é o enderezo web que escolleron na directiva de Compromiso por Galicia de Muros-Noia para a ubicación do seu portal web -blog- a nivel comarcal. Manolo Seijas, coordinador da formación nesta bisbarra, asegurou que se trata dun portal gratuíto xa que “ o noso obxectivo era que este espazo web non supuxera ningún custe económico”.

Este será o espazo na Rede onde se publicarán as acción políticas que Compromiso leve a cabo na comarca de Muros e Noia. Ademais conta cun apartado no cal a veciñanza pode aportar directamente ideas, información ou inquedanzas, xa que, segundo comentou María
Xosé Alfonso "esta é a nosa forma de facer política, contando coa xente e sendo unha ferramenta útil para eles”.
Como se observa ao entrar no blog, Lousame, Outes, Muros e Noia teñen un espazo propio para as cuestión de índole local, ao seren as localidades nas que está implantada esta formación, de alicerces ben novos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical