1.3.13

Ribeira: convirten a cidade en porto de saída para peregrinos navegantes da ruta xacobea do Mar de Arousa e Ulla

  • Da recén inventada "Traslatio Xacobea"
Media_httpfarm3static_nyawb

A ruta ten que rematar en Padrón

Ribeira, 1 de marzo de 2013.- A localidade de Padrón foi escenario onte da sinatura dun convenio de colaboración entre os concellos integrantes da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla e o Club Náutico San Vicente, en virtude do cal se vai impulsar unha nova credencial que se concederá aos navegantes que fagan a ruta da Translatio, sempre que se cumpran unha serie de requisitos.

O alcalde Manuel RuIz foi un dos asinantes do devandito convenio, en virtude do cal Ribeira será, xunto a O Grove, un dos dous portos de saída nos que se expedirá a “Cartilla de Navegación”: documento no que se irán plasmando os selos imprescindibles para que, unha vez alcanzada a meta en Padrón, se obteña o diploma acreditativo, ao que se denomina “Traslatio Xacobea”.

Requisitos

Ademais de no porto de saída, o navegante deberá recalar como mínimo noutros dous porto, onde se lle selará a cartilla. Obrigatoriamente cada selo corresponderá como mínimo a un porto ou concello da beira sur da ría (en Pontevedra) e outro da beira norte (A Coruña). Non se establece límite temporal para a realización da ruta. A singradura do peregrinaxe pódese iniciar en portos anteriores xeograficamente ou incluso internacionais. Todos os concellos adheridos utilizarán un selo propio para certificar o paso dos navegantes por cada porto en concreto, ofrecendo un roteiro da vila xunto con toda a información que sexa necesaria como información de lugares de interese. O navegante deberá permanecer un mínimo dunha hora en cada porto no que arribe.

Media_httpfarm9static_psrac

Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela

Como xa se indicou, a ruta completarase en Padrón, onde será obrigatorio obter os selos do Concello e da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. Os peregrinos que o desexen poden rematar a ruta a pé ata Santiago de Compostela, onde obterán un novo selo.

A Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla foi declarada de interese cultural e galego pola Xunta de Galicia no ano 1999 e foi recoñecida como parte do Camiño de Santiago no 1996.  Esta senda fluvio-marítimo-apostólica está integrada por Santiago de Compostela, Padrón, Pontecesures, Dodro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Boiro, Riveira, Valga, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño, O Grove, Sanxenxo,Teo, Illa de Arousa, Rois, Ribadumia, Brión e Meis.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical