3.3.13

Sociedade: os de "Stop Desafiuzamentos" están a facer unha "campaña de escrache e sinalamento dos culpables e cómplices"

Photo

Barbanza, 3 de marzo de 2013. Segundo informa hoxe José Manuel Pena, portavoz de "Stop Desafiuzamentos" de Barbanza,
están a argallar unha xuntanza con todas as PAH e grupos STOP Desafiuzamentos de Galiza. Consideran importante ter unha coordinacion a nivel galego e "non se nos escapa que a pesares do tremendo paso
adiante que supuxo a aprobación a trámite da ILP, a loita vai para largo e haberá moita dor e sufrimento para as xentes
de Galiza. É hora pois de redoblar os nosos esforzos, unir e intercambiar experiencias".

Namentres, están a levar unha campaña de "escrache" (se non coñece o vocablo, aquí ten a súa historia) cunha serie de carteis para difundir a campaña co botón verde “Si se pode”. Buscan que se defundar e colguen nos establecementos do barrio onde resida a deputada ou deputado que os veciños coñezan, para mostrar a adhesión cidadá ás medidas de mínimos que propón a Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Se os deputados negan a realidade e o apoio social co que contan as medidas da PAH, "temos que facer que non lles resulte doado seguir negando esta realidade. Os comercios, establecementos e lugares polos que pasan, toman café, se reúnen ou comen os deputados teñen que estar repletos destes carteis", sinalan na súa web.

Participa da campaña nas redes sociais

Todas as accións da PAH son pacíficas e neste caso teñen o obxectivo de informar e persuadir con datos e experiencias a posición dos deputados dos grupos parlamentarios que non apoian a ILP para que preman o seu partido para incluír as propostas da PAH no anteproxecto de Lei. "Nunca reaccionaremos a ningunha provocación dos deputados e en calquera caso a documentaremos, a ser posible de forma dixital, para difundila polas redes", rematan, co seu lema das últimas datas:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Publicar un comentario

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical