11.4.13

Noia: o Noia Fútbol Sala pode facer historia este sábado se gana e se proclama campión da Segunda División B

Media_httpfarm9static_oglfe

O Noia FS ten este sábado, 13 de abril, unha cita coa súa propia historia como club. Ás 18:15 no pavillón municipal tense que enfrontar ao Albense, ante o cal, de ganar, se proclamará novo campión de liga da segunda división B de fútbol sala. Inda que faltan tres partidos para rematar a competición de liga, os tres puntos contra o Alba de Tormes chéganlle sen depender de ningún resultado alleo noutros campos.

Os de Alba de Tormes chegarán a Noia como terceiros clasificados, polo que tamén se xogan moito no campionato, pois poden acadar posicións de play-off e intentarán por todos os medios manter a súa praza como terceiros e que lles daría directamente dereito a xogar a Copa do Rei da vindeira tempada.

Segundo os entendidos, ambos equipos, ao xogarse tanto e ao practicaren habitualmente un xogo moi vistoso, darán un bo espectáculo. Moncho Vázquez, adestrador do Noia F.S. convocou a toda a plantilla e decidirá xusto antes do encontro aos 12 futbolistas que competirán. Polo momento os convocados son Martín, Carlos, Pepe, Adrián, Peti, Marcos, Oscarín, Diego, Marcial, Romario, Nacho, Álex, Quique e Charly.

Os xogadores noieses son conscientes da importancia deste encontro e fan un chamamento á afección, que sempre os animou, tanto nos intres malos como nos bos, e están seguros de que este sábado irán dalo todo, encherán o pavillón e, de ganar, sairán celebrar este título histórico con todos eles.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical