- Fran e José Ramón impartirán un campus de fútbol base
- As Miñoteiras e Concello organizan maratón de fútbol indooor o 20 e 21 de abril
- As entradas para o partido destacado, a 5 euros
Ribeira, 3 de abril de 2013.- O pavillón polideportivo de A Fieiteira vai dar cabida este mes a tres interesantes actividades ligadas coa práctica do fútbol indoor: modalidade deportiva na que, nun campo de céspede artificial de 20x40 metros rodeado de valados e cunha portería cunhas dimensións parecidas ás de fútbol 7, enfróntanse dous equipos compostos por catro xogadores de campo e un porteiro cada un.
O concelleiro de Deportes, Juan Luís Martínez Queiruga, e Marcos Álvarez en representación da Liga Fertiberia de Fútbol Indoor presentaron hoxe estas actividades, entre as cales sobresae o partido que o día 19 de abril, ás 20.45 horas, disputarán o Deportivo de A Coruña e o Málaga C.F.
Marcos Álvarez destacou a importancia do enfrontamento para as aspiracións á Liga Fertiberia do equipo galego que, tras dous encontros xogados, está empatado a 3 puntos co Real Valladolid, o Celta de Vigo e o Málaga, mentres que o quinto integrante deste grupo -o Oporto- non xogou polo de agora ningún partido.
As entradas custan 5 euros e xa están a venta dende hoxe na oficina de Deportes situada no Complexo de A Fieiteira.
Por outra parte, e aproveitando a presenza da infraestrutura específica que require a disputa este partido, Asociación As Miñoteiras e Concello organizarán un Campus de Fútbol Base e un Maratón de Fútbol Indoor.
Campus, a 30 euros con entrada para ver o Dépor-Málaga
Juan Luis Martínez avanzou que o campus será impartido polos destacados futbolistas naturais do noso concello Fran e José Ramón González. A acción constará de actividades de tecnificación e perfeccionamento adaptadas a nenos de 6 a 12 anos e nela poderán participar ata un máximo de sesenta participantes divididos en dous grupos en función da idade (trinta por grupo).
O campus levarase a cabo entre o 15 e o 18 de abril, en horario de 18.30 a 20 horas para un primeiro grupo formado por nenos de 6 a 9 anos; e de 20 a 21.30 horas para un segundo grupo de nenos de 10 a 12 anos.
A inscrición custa 30 euros por participante: contía que inclúe a entrada para presenciar o Depor-Málaga.
Maratón o 20 e 21 de abril
Por outra parte, o Primeiro Maratón Cidade de Riveira de Fútbol Indoor celebrarase os días 20 e 21 de abril. Está destinado a todas categorías, dende prebenxamín ata senior e veteráns. Ao coincidir coa tempada futbolística, compatibilizaranse os horarios federativos cos deste campionato para que todos os futbolistas da comarca poidan disputalo.
O prezo de inscrición varía segundo a categoría: Prebenxamín 20€, Benxamín 20€, Alevín 20€, Infantil 20€, Cadete e Xuvenil 30€ e Senior e Veteráns 50€.
As entradas xa están á venda no complexo de A Fieiteira e o sorteo dos equipos celebrarase o 18 de abril ás 13.00 horas na Oficina de Deportes de A Fieiteira.
Ribeira: este sábado, se es de Carallos de Rei ou algunha peña da Dorna, non te esquezas! I Asemblea de Peñas! twitter.com/Certo/status/3… Lingua galega: o ribeirense, con pronunciado acento carreirán, @carloscallon fala de encarapuchados! cc/ @carlospogho carloscallon.com/2013/04/encapu… Cultura: "Feito na casa", nova publicación sobre cultura tradicional en galego. De balde en animaxesavengalego.wordpress.com/feito-na-casa/
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario