Tamén se alude ao ocorrido coa televisión...
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Tamén se alude ao ocorrido coa televisión...
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fermosa imaxe de Paco do Martelo. Hai máis do acto na súa galería de Picasa.
A memoria histórica non queda parada no 1936. Estes sucesos ocorreron en 1916, e, polo que se ve, poden suceder en calquera intre e mais en calquera lugar.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Dubidamos entre este de Barbie e o de zurullo bendito... Hai dez dólares de diferencia! Que non se diga!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Aí o teñen. É o do caiado, a punto de atacar. Cando fixemos a foto (hai uns meses no Museo Verbum de Vigo) non sabiamos da perigosidade de Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao (ese ente nun minipiso). Agora, por prensa disque seria, enterámonos que aos seus 95 anos (naceu en 1914) dicta consignas e mesmo agrede a reporteiros. Vaites!
Non se fíen das apariencias. Nin tampouco do titular: disque en Vietnam hai outro señoriño máis rabudo e de máis idade que o noso don Avelino.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
AMBAR foi seleccionada para participar no Programa “Socialia Calidade” de Obra Social Caixa Galicia, a través do cal recibirá formación e consultoría, o que lle permitirá mellorar os seus sistemas de xestión e obter os Certificados de Calidade ISO 9001 no ano 2010. AMBAR poderá optar á obtención do selo EFQM de Excelencia co apoio da entidade financeira.
Durante máis dun ano AMBAR traballará, xunto co resto de entidades seleccionadas dentro do programa da Obra Social, para mellorar as súas respectivas organizacións, revisando as súas formas de actuación, compartindo boas prácticas e aplicando solucións innovadoras. E todo iso para que as persoas destinatarias das súas accións, reciban mellores atencións e conten con mellores servizos.
As entidades sociais que proximamente asinarán un convenio con Caixa Galicia, convértense así nunha referencia para o sector, pola súa capacidade para adaptarse e adiantarse ás novas esixencias sociais e o seu compromiso por ofrecer o mellor servizo ás persoas para as que traballan. Isto é especialmente relevante no sector social, no que aínda non están moi estendidas as certificacións de calidade, ao contrario do que ocorre no mundo empresarial.
O Programa “Socialia Calidade” enmárcase dentro do compromiso de Caixa Galicia coa mellora e o fortalecemento do Terceiro Sector de Acción social. Este ano participan no mesmo 40 Ong das comunidades autónomas de Galicia, Castela León e Valencia.
Máis información en http://www.socialia.org
|
|
Tlf: 981 83 29 05 - 981 87 44 80 correo@asociacionambar.org |
|
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O hórreo máis grande do mundo, se non ten nada, é o máis baleiro do mundo. Está en Araño.
Vai haber que facer concurso de ideas para darlle novos usos a este patrimonio tan fermoso e duradeiro...
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A causa deste corte débese aos traballos da canalización das augas procedentes da obra de drenaxe transversal (ODT) da autovía do Barbanza
Posteriormente, este corte no punto quilométrico 7+200 desta infraestrutura provocará un corte de media calzada durante o día 22
A Consellería indicará rutas alternativas a este percorrido para os usuarios desta estrada
Santiago, 17 de outubro de 2009.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informa aos usuarios da estrada que une Padrón e Ribeira (AC-305) que a partir do luns, 19 de outubro, este vial quedará pechado ao tráfico durante tres días, 19, 20 e 21 de outubro, no punto quilométrico 7+200, no concello de Dodro, pola necesidade de acometer unha canalización de augas da obra de drenaxe transversal da autovía do Barbanza.
Cómpre sinalar que este corte de tráfico manterase durante a xornada do 22 de outubro, pero neste caso afectará a media calzada, xa que durante este día será necesario realizar o estendido de aglomerado.
Así, na primeira fase –cando os peches sexan totais- os traballos que se levarán a cabo consisten na execución de 9,5 metros de tubaria de formigón que quedará instalada por debaixo da estrada AC-305, nunha gabia con profundidade máxima de 3 metros. Para iso será necesario escavar, verter formigón de limpeza, colocar tubos e vertedura de formigón ata a cota de rasante.
Por outro lado, a profundidade da gabia fai necesario cortar o tráfico en ambos sentidos durante a execución destas obras, coa finalidade de garantir a seguridade de traballadores e usuarios. Con estas medidas evitaranse posibles caídas a distinto nivel e derrubamento de terras debido ao paso de vehículos pola zona da cabeza do noiro.
Compre indicar que o departamento de Infraestruturas disporá sinais de advertencia e precaución para os usuarios desta vía, coa fin de evitar calquera percance.
Durante a primeira fase dos traballos a Consellería de Medio Ambiente habilitará uns percorridos alternativos para os usuarios da AC-305 en dirección a Ribeira e en dirección a Padrón.
No primeiro dos casos, á altura do punto quilométrico 5+900 da estrada Padrón-Ribeira (AC-305), na conexión coa estrada Bexo-AC-533 (AC-306), darase continuidade ao tráfico pola AC-306 ata o enlace de Catoira coa autovía do Barbanza (AG-11), no punto quilométrico 11. Desde este enlace, os vehículos poderán continuar pola autovía en dirección Ribeira ou ben para entrar de novo na estrada AC-305 e tomar dirección Padrón pola AG-11 ata o enlace que da acceso á area de servizo (punto quilométrico 7+700). Neste punto poderán cambiar de sentido e retomar a autovía cara Ribeira ata o enlace de Bexo para enlazar coa estrada AC-305.
Aquelas persoas que circulen pola AC-305 en dirección Padrón teñen as seguintes alternativas. No punto 7+150 da estrada Padrón-Ribeira, no enlace de Bexo, os vehículos deberán incorporarse á autovía AG-11 e poden continuar en dirección a Padrón ou incorporarse de novo ao vial Padrón-Ribeira deberán continuar ata o enlace da área de servizo no punto 7+700 da autovía do Barbanza (AG11) e alí cambiar de sentido e retomar a autovía en dirección Ribeira ata o enlace de Catoira no quilómetro 11 e enlazar coa estrada AC-306, continuando por ela ata a AC-305.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas manifesta de antemán as desculpas aos usuarios desta infraestrutura polas posibles molestias que poidan provocar os traballos que se realizarán nestes treitos da AC-305.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a realizar melloras na autovía do Barbanza, co fin de por fin aos múltiples inconvintes que esta infraestrutura presentaba e que estaba a xerar aos usuarios desta vía, Por iso, o departamento que dirixe Agustín Hernández, púxose en contacto coa sociedade concesionaria, para que se fixese cargo de forma inmediata do arranxo das deficiencias.
Para ver os mapas prema aquí.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Vexan a galería enteira en http://reflectionof.me/incredible-animal-hair-styles
e fagan vostedes mesmos os xogos de verbas cos pelos...
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia