Curiosidades:
1.- Na páxina 10, alguén foi a Noia e non trouxo nada
2.- Na páxina 20, "gordo lo tengo, más lo quisiera, que entre las piernas no me cupiera" non semella galego. E tampouco unha adiviña para nenos precisamente...
3.- Na páxina 23: a adiviña linda coa escatoloxía! Vaia rima lle sacaron a diñeiro...
4.- Páxinas 43-44-45: os xogos das lombas noutros lugares desta bisbarra tiñan o nome de "Ovo, pico, araña". Nunca escoitáramos o de "Os Peidos".
5.- Páxina 61: encantounos o dos estalos ou estalotes. Mentres a
Digitalis só se empregue para iso, vai ben o asunto.
Unha iniciativa que é para louvar, aínda que se detecte unha castelanización de moitas das adiviñas, que imaxinamos froito de 40 anos de ditadura dun tipo de Ferrol que renegou do arado e da lingua propia.
Agora o paso seguinte debería ser que os nenos de Dodro lle aprendan a xogar á Nintendo Wii, ou á PlayStation, aos seus avós. A chatear por Internet xa nos consta que están aprendendo rápido.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia