23.12.09

Porto do Son: os comuneiros de San Pedro de Muro felicitan as Festas


 

"Val máis unha terra con árbores nos montes que un estado con ouro nos bancos". Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
 
A Xunta Reitora

 
 Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro 
 
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es       
 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: a recuperación dos xogos tradicionais, nunha publicación

Download now or preview on posterous
Xogos tradicionais.pdf (974 KB)

Curiosidades:

1.- Na páxina 10, alguén foi a Noia e non trouxo nada

2.- Na páxina 20, "gordo lo tengo, más lo quisiera, que entre las piernas no me cupiera" non semella galego. E tampouco unha adiviña para nenos precisamente...

3.- Na páxina 23: a adiviña linda coa escatoloxía! Vaia rima lle sacaron a diñeiro...

4.- Páxinas 43-44-45: os xogos das lombas noutros lugares desta bisbarra tiñan o nome de "Ovo, pico, araña". Nunca escoitáramos o de "Os Peidos".

5.- Páxina 61: encantounos o dos estalos ou estalotes. Mentres a Digitalis só se empregue para iso, vai ben o asunto.

Unha iniciativa que é para louvar, aínda que se detecte unha castelanización de moitas das adiviñas, que imaxinamos froito de 40 anos de ditadura dun tipo de Ferrol que renegou do arado e da lingua propia.

Agora o paso seguinte debería ser que os nenos de Dodro lle aprendan a xogar á Nintendo Wii, ou á PlayStation, aos seus avós. A chatear por Internet xa nos consta que están aprendendo rápido.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: o PSdeG propón un pediatra a tempo completo no centro de saúde


O PSdeG vén de rexistrar unha Proposición Non de Lei no Parlamento a través do seu deputado e Portavoz da Área Institucional, José Manuel Lage co obxecto de dotar ó centro de saúde da Pobra dun pediatra a tempo completo. 
 
Lage Tuñas presenta esta iniciativa despois de terse reunido a pasada fin de semana co colectivo de nais e pais de A Pobra que comezaron unha recollida de sinaturas para demandar da Xunta de Galicia a cobertura a tempo completo da especialidade de pediatría no centro de saúde pobrense.
 
O deputado do PSdeG entende que "é necesario mellorar a cobertura da área de pediatría dotando ó centro de saúde dun profesional a tempo completo. Esto permitiría tamén non saturar as consultas dos médicos de familia xa que agora se fan cargo de nenos e nenas en ausencia dun pediatra que os atenda".

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: o ribeirense Manuel Ruiz Rivas, voceiro do PP, resposta sobre lingua galega

http://portal.ppdegalicia.com/images/stories/especiales/encuentros_digitales_rivas.png Pregunta: Teño constancia de que vostede sempre fala galego na súa comarca, ¿está cómodo coa política lingüística de Feijóo? Ramón, Boiro
Respuesta: En primeiro lugar, amigo Ramón, gracias por darme a oportunidade a través da túa pregunta de poder saudar a todolos veciños da comarca de Barbanza e especialmente aos amigos de Boiro. Efectivamente son un galego bilingüe que cre que a lingua e un vehiculo de achegamento entre as persoas, por iso adoito utilizar a lingua en función de quen me escoita. Ante todo creo por tanto na liberdade, inda que reconozo que como deputado do parlamento de Galicia teño un deber ca nosa lingua propia. Dito eso, teño que dicirche que Feijóo o único que fio foi tratar de recuperar o consenso lingüístico, que rachou o bipartito, cando tiñamos normas que perduraron no tempo, como o deber de coñecer o galego para entrar na administración, sen que isto se traducise nunha imposición da lungua na que ti queres amosar os teus coñecementos sobre a materia da que te examines. Ou evitar situacións como que os proxectos de emprendores queden sen axudas públicas porque o proxecto que se presente non teña a mesma valoración independentmente da lingua na que se presnete Agora confío en que o novo Decreto do ensino cumpra tódalas promesas electorais
Pregunta: Non sexa correcto de máis e responda cun sí ou non, ¿quere vostede ser alcalde de Riveira? Lois, Riveira
Check out this website I found at ow.ly

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: hoxe teatro, "Os da mesa Dez", en Laíño

O grupo "Raiola Teatro" actúa este mércores 23 de decembro no local da Asociación de Veciños de Laíño (Dodro) ás 20 horas. Representan a obra, Os da mesa dez, do arxentino Osvaldo Dragún, dentro da programación cultural artellada polo Concello e grazas á Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Neste ano actuaron tamén en Rois, Ortigueira, Cariño, Vilasantar, Arzúa, Padrón e Curtis, ademais de no Colexio Calvo Sotelo e na Escola Oficial de Idiomas, ambos centros da Coruña. Neste blog poden ver algunhas das impresións despois das últimas representacións: http://raiola.blogspot.com/

A seguires, hai un dossier con información sobre o grupo, que precisa dunhas correcións:

Xosé:  Antonio López Rico
María: Ana Garrote 
Actriz 1: Lucía Ortega 
Actriz 2: Lucía Román 
Actor 1: Martín Concha
Actor 2: Javier Abad

Dirección: Carme Naveira
Técnico de luz e son: Carlos López Grueiro.
Músicos: Guille Antón e Alejo Artime.

Producción: María Saavedra e Jorge Rey. 


Download now or preview on posterous
RAIOLA_MESA_DEZ (1).pdf (2258 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

22.12.09

Deportes: cando a un empate lle chamas alentador, non vai a cousa moi ben

Un alentador empate traído das terras do Rarís pode darnos un empurrón de cara ós postos contiguos na táboa de clasificación. Coma sempre, aquí tendes o material cedido por Porrón, un xogador, delegado de campo, etc. do plantel do Cabo de Cruz B:

Este é o camiño a seguir

Por fin traemos boas novas, o nosos equipo logrou un merecido punto que ó final incluso supo a pouco. Un partido que ó final tanto pudo ir para un conxunto ou para o outro. Ademais cabe destacar que finalmente os nosos xogadores non acusaron moito as baixas importantes como as que tiñan: Josito, Ammi,Rabiso, Porrón….
A primeira metade foi a máis aburrida das duas xa que ningún dos dous clubs conseguiu abrir a lata, pero ainda así o noso equipo tivo a máis clara nunha accion de David  “O Pulgo” que pasou a Finidi e éste nun man a man co porteiro bate contra éste. Case sen estas novas finalizou a primeira metade na que o axudante de Fachuco, Arturo, dou moitos animos ós nosos facendo hoxe de entrenador debido á baixa de Fachuco.
A segunda metade empezou movida, xa que ós dez minutos de estar esta empezada Finidi marca o gol da xornada cun exquisito tiro de falta que se cola pola escadra esquerda do porteiro. Os nosos aferraronse atras do ánimo de acadar a victoria, pero nun abrir e pechar de ollos os locales déronlle a volta ó marcador poñéndose 2-1.
O equipo botouse arriba coa arriscada estratexia de tres defensas, pero á súa vez moi fructífera, xa que nun balón colgado á área, é Adrián o que “enchufa” o balón na portería poñendo o 2-2, que ó final sería o resultado definitivo.
Cabe destacar, que con este partido deuse por finalizada a primeira volta, e o próximo partido será o 3 de xaneiro contra o Praíña F.C. e co ánimo polas nubes xa que vemos posible a melloria do noso equipo.

Aquí tendes a formación que trouxo o empate de fóra:

Gardamallas: Pechu

Liña defensiva: Chaparrito-Adrián-Cosita-Richi

Medio do campo: Namekiano-Buda-Balteiro-Risi

Ataque: Finidi-David

Tamén xogaron: Andoni e Michael

Hai que tamén agradecer a boa labor de Arturo, o míster que dirixiu ó noso equipo na ausencia de Fachuco, pois o seu esforzo serviu para que este equipo nestas datas vise a chegada o anxo Gabriel que na segunda volta de seguro vai iluminar ó noso meniño, o Cabo de Cruz B.

Como xa é frecuente, aquí tendes tamén a clasificación do noso grupo por onde pretendemos unha escalada considerable nesta segunda volta:

Clasificacion

E os encontros da próxima xornada serán:

vindeira xornada

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: Os vellos non deben de namorarse

A Concellaría de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro, dirixida polo nacionalista Anxo Franco, dentro do programa de actividades Nadal Activo 2009, organizou o pasado día 19 de decembro a obra de teatro “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao, representada pola compañía teatral Sueiro.com.

Representouse no Local da Asociación de Veciños San Xoán de Laiño, en Imo, ante unhas cincuenta persoas, que disfrutaron coa posta en escena malia a vaga de frío que nos asolagou eses días.

O título da obra chamou por un público familiar, de idades moi dispares, xa que é unha historia universal na memoria de todos os galegos e galegas. Cóntase a desventura de tres homes de idade avanzada que se namoran de mozas novas para rematar finando os tres ao pouco de se namorar. A obra, moi fiel ao escrito por Castelao, foi ovacionada polo público ao seu remate. Anxo Franco, concelleiro de cultura e responsable da organización do programa de actividades Nadal Activo, anima a todos os veciños e veciñas a participar e asistir ás actividades que se están a desenvolver estos días nos distintos lugares do concello para participar toda a familia dun momento
de ocio en común.

Programa de Nadal Activo en Dodro aquí

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lotería: el consuelo de Susana Moo tiene forma de relato breve

En Boiro tocó "la puntita del quinto". El resto de Barbanza y Noia, a dos velas. Pero quien no se consuela es porque no quiere:
http://certo.es/index.php?page=loteria

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: propostas de Aturuxo! para este Nadal

    As vacacións de Nadal xa están aquí! Para facilitar que a xente xe achegue a tomar algo polo local de Aturuxo nestas vacacións, van abrir todos os días (de 18.30 a 00.00) até o domingo 10 de Xaneiro (descansan os luns). Advirten que xa teñen a maquina de café en correcto funcionamento, para tomar algo quentiño nestas frías tardes de inverno!
   Durante toda esta semana haberá xornadas para por ao día moitas cousas no local (pintar, arrumar todo, limpar a fondo, etc) polo que seria bo que tod@s os Aturuxeiros fosen botar unha man!

Actividades sinaladas durante estas festas:

  
- Este sábado 26 de Decembro celebrarase en Compostela unha xornada en defensa das seleccións nacionais, Ás 17h. parte unha manifestación da Alameda de Compostela para reclamar a oficialidade das mesmas e despois xogará Galiza no campo de Santa Isabel. Para rematar haberá concertos na Sala Capitol (Habeas Corpus, Machina e Mencer Vermello). No local están á venda os cartóns de Siareir@s Galeg@s a un prezo de 5€ cunha camisola de regalo.

   - A noite de Fin de ano organizan unha festa especial para celebrar o cambio de ano. Barra libre de (1.00 a 6.00) a un prezo de 20€ anticipada e 25€ no dia. Podedes mercar o bono na barra de Aturuxo, apurade que hai bonos limitados!

   - O venres 8 de Xaneiro conmemoran o pasamento de A.D.R. Castelao (fai 60 anos) con varias actividades:
                           .- 20.30 Recital poético coas REDES ESCARLATA
                           .- 21.30 Cea (ensalada de pasta, tortilla, churrasco, chourizo asado,                            vinho, postre e café) PREZO SOCI@S: 5€, non soci@s 10€
                           .- 23.00 Concerto: Cantareiras e O Leo i arremecaghona


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: a Árbore do Imperio xa está acesa!

Foto collida no flickr da Casa Blanca, onde chegou este ano un tal Obama...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical