20.2.10

Vivenda: Rianxo e Noia, dentro dos 30 concellos con convenios que o luns 22 se asinan para restaurar cascos históricos


Noia, fundación Monroy, toma nocturna

O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, informou hoxe que o vindeiro luns 22 o Ministerio da Vivenda asinará 44 acordos que permitirán mellorar áreas urbanas de 30 concellos galegos, entre os que están Noia e Rianxo.

Os convenios serán asinados en A Coruña, coa ministra do ramo, e destinaránse a mellorar áreas de rehabilitación integral (ARIs) e a restaurar cascos históricos.


Pazo no desleixo en Asados, Rianxo


Segundo a nota do delegado deo Goberno, "se beneficiarán directamente de estos convenios ocho concellos de A Coruña (A Coruña, Ferrol, Padrón, Rianxo, Betanzos, Santiago, Noia y Muros), diez de la provincia de Lugo (Chantada, Lourenzá, Lugo, Ribadeo, Viveiro, Monforte, Sarria, Vilalba, Quiroga y Mondoñedo); seis de Ourense (Ourense, Celanova, Castro Caldelas, Ribadavia, Verín y Allariz) y seis de la provincia de Pontevedra (Cangas, Cambados, Vigo, Pontevedra, Tui y Vilagarcía de Arousa). A estos habrá que sumar los que indirectamente se beneficien por estar situados en el Camino Francés a Santiago".

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Educación: Sanidade convoca concursos entre escolares para fomentar trasplantes e doazón de órganos


Concurso de debuxo e lemas para escolares de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de Secundaria de todos os centros educativos galegos

O prazo de presentación dos debuxos e lemas rematará o vindeiro 30 de abril

(vía Xunta.es) Santiago, 20 de febreiro de 2010.- A Consellería de Sanidade xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organiza a segunda edición do Concurso de debuxo e lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes neste curso escolar 2009-2010. O obxectivo é achegar esta realidade á poboación escolar galega, de modo que os rapaces sexan capaces de valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos.

Poderán participar neste concurso de debuxo e lemas o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, e de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria (ESO) de todos os centros educativos galegos, tanto públicos como privados.

A Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) xa enviou a todos estes centros unha carta informativa na que explica o desenvolvemento do programa. En cada clase, os profesores realizarán unha actividade formativa respecto a doazón e transplante que facilite a creación de ideas e que propicie o desenvolvemento da imaxinación do alumnado á hora de elaborar o debuxo. Neste senso, a OCT facilitará a todos os centros que así o demanden material de apoio para realizar esta actividade didáctica.

Os debuxos cos que se concorre ao concurso –en color, e de técnica e estilo libres- deben tratar a doazón e transplantes e sobre todos os aspectos relacionados con estes; tamén deberán incluír obrigatoriamente unha frase ou lema relacionado co fomento da doazón. Cada centro educativo que desexe participar presentará unha selección de ata cinco debuxos e lemas por cada clase participantes, pola súa banda, cada rapaz só poderá presentar un traballo.

O prazo de presentación das obras rematará o vindeiro 30 de abril. Toda a información detallada sobre o concurso pode atoparse na páxina www.sergas.es

http://farm3.static.flickr.com/2683/4372049693_66740a6a28.jpg

Premios para os mellores traballos

O concurso establece dúas categorías, unha para escolares de Primaria e outra para escolares de Secundaria, con dous premios para cada unha delas.

Os primeiros premios de cada categoría consistirán nun vale para o centro docente por valor de 1.000 euros para a adquisición de material escolar, e nun ordenador portátil para o alumno autor da obra e para o profesor que titoriza o traballo.

Os segundos premios consisten nun vale para o centro docente por valor de 750 euros para a adquisición de material escolar, e nunha cámara de fotos dixital para o alumno autor da obra e para o profesor que titoriza o traballo.

Para a concesión dos premios, o xurado valorará que os traballos incidan na promoción e fomenta da doazón ou os transplantes nos debuxos e nos lemas; así como a calidade, cantidade e utilidade da información que ofrece.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: "Se eu podo, ti tamén", concurso de fotografía para celebrar o Día da Muller Traballadora


Es de Porto do Son, Lousame ou Noia? Entón podes participar no certame fotográfico "Se eu podo, ti tamén", que un ano máis organiza a Concellería de Igualdade e Benestar de Noia para conmemorar o 7 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

Podes presentar un máximo de catro imaxes e tes que entregalas na Casa do Concello de Noia. O prazo remata ás dúas da tarde do mércores 3 de marzo

En canto teñamos as bases do concurso poñerémolas aquí. Namentres, terás que ir ao Centro de Información á Muller ou ao Concello a buscalas para ver que condicións e técnica podes empregar.

O que xa sabemos son os premios:

Primeiro, 300 euros.

Segundo, 200 euros

Terceiro, 100 euros


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura marítima: "A pombiña branca" de Noia, un proxecto con web para salvar un barco patrimonio galego

Este cargueiro a vela surcou durante moitos anos a Ría de Noia, cargando sobre todo madeira. Alcumábano "La palomita blanca" polo seu porte galano ao surcar os mares, pero chámase "Carmen Barcia" (en honor á súa armadora, xa falecida) e o seu actual propietario leva dende o ano 1994 buscando unha solución para que esta embarcación non se perda ou fique no desguace. Lembran o que ocorreu co balandro "Joaquín Vieta"? (http://bit.ly/9ytR9c) Pois avogan por unha salvación semellante.
Toda a información na web
http://imrama.com/2.cb/01.frames.html

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Susana Moo: trucos para ir de rebajas sin que den la lata los hombres

El relato de Susana Moo esta semana (en castellano) se comenta por sí solo:
http://certo.es/index.php?page=en_las_rebajas

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: Karl Rainer Birk partilla unha escolla de imaxes cos lectores de Certo

Entrevistamos hai pouco a este enxeñeiro alemán que vive en Boiro: poden ver a súa historia aquí.

Unha das súas paixóns é a fotografía, pero aínda non colgou na Rede a meirande parte delas. Ao partillas estas con nós, sentímonos na obriga de que os lectores de Certo tamén as vexan e as desfruten. Son algunhas do seu paso por medio mundo. Os lugares indícanolos el en castelán (lembren falar con el en galego a modiño, que tamén o entende).

Fotos del norte de Brasil


Puesta del sol en el río Amazonas



Un pescador


Viviendo en la selva



¡Un hotel!


Lavando cuerpo, ropa y vajilla cerca de un puente que les acuerda a la película....



El barquito era mío, la plataforma petrolera es de Petrobrás


Saludos cordiales,
KRB

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: Bob Dylan con Obama. Seguro que os tempos están cambiando?

Bob Dylan cantou “The Times They Are A-Changin’ ” no bolo "In Performance At The White House: A Celebration Of Music From The Civil Rights Movement" feito no lado este da Casa Blanca o 9 de febreiro. Fotos de Pete Souza que colgaron no Flickr da White House.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

19.2.10

Dodro: publicados premios e fotos do Entroido do martes 16

Día Internacional da Lingua Materna, o 21 de febreiro

Boiro: Abanqueiro enterra o Óso o domingo 21 de febreiro e dalle a despedida ao Antroido


Fotos do ano pasado tomadas por Diego Romero

O enterro do óso é unha tradición que se ven celebrando na parroquia de Abanqueiro (Boiro) dende hai máis de cen anos. Consiste nunha especie de acto funerario con moita retranca durante o cal se procede ao enterramento dunha cacheira de porco na horta do último que se casou en Abanqueiro. Con este enterramento faise unha festa con filloas, orellas e viño. O gasto corre a cargo do homenaxeado/a.



Neste ano hai un triple enterro. Por unha banda, Toño e a Silvia, recén casados. Tamén homenaxearán a José Blanco (“Cocó”) e a Lucita. E, por último, a Manolo (“o Panchiño”) e a Maruja, que neste ano 2010 celebran as súas vodas de ouro.

Esta celebración terá lugar o próximo domingo día 21. A partires das doce da mañá haberá a tradicional procesión de matraquillos e, ás catro da tarde procederase ao enterramento da cacheira de porco en cada unha das casas dos homenaxeados este ano.



Para a celebración deste día contarán cunha boa comida con churrasco, orellas e filloas que estarán acompañadas de refrescos e un bo viño para os máis grandes. Asemade, os máis pequenos poderán desfrutar dalgúns inchables.


Esta iniciativa está promovida, dende hai varios anos, por algunha da xente nova de Abanqueiro encabezada por Pepe Vidal.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical