21.4.10
Opinión: Manuel Domínguez dialoga con Pedro Ruiz
Una perla: ".- Le llamamos polvo a follar con alguien, un ramalazo de pasión carnal por el que hasta se han desencadenado guerras. Ah: no te fíes de esa expresión que dice: "Estoy loco por ti". Espera mejor que te digan: ”Estoy cuerdo por ti”".
Todo el artículo en http://certo.es/index.php?page=dialogos_con_pedro_ruiz
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
20.4.10
Fotografía: a foto máis vista hoxe no Flickr de Certo
A saber do que están a falar... Alguén coñece o cirílico? ruso? Case todas as entradas nesta imaxe veñen de http://greenbat.livejournal.com/411382.html?view=11536886
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Entrevista: Jimmy Barnatán, actor, músico y escritor
El 24 podremos verlo en Noia en el San Marcos. Tamara Peña descubre en esta entrevista las diversas facetas de este artista.
http://certo.es/index.php?page=jimmy_barnatan
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: a asociación Francisco Lorenzo organiza unha peregrinación a Santiago para pedir párroco para Aguiño
Cesures, co barco que levará aos peregrinos ribeirenses
En catamarán de Ribeira a Cesures-Padrón con degustación a bordo, visita a Padrón e obtención da Carta de Pedronía.
De Padrón a pé até Santiago con xantar compartido, Misa na Catedral e regreso en bus.O prezo será de 15 € para os que se anoten (o total é de 30 € pero a entidade asume o 50% da actividade), e inclúe viaxes, chaleco reflectante e gorra -ambos obxectos serigrafiados-.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Cinema: se es fan da Saga da Guerra das Galaxias, o 21 de maio tes cita en Santiago
Hai tropa de Star Wars abondo en Barbanza e Noia para facer un obradoiro?
Pode ser outro entroido, xa que os disfraces a escoller levan un fío temático, pero son ben diversos! E logo xa os que queiran matar varios paxaros dun tiro, poden cruzar a Porta Santa vestidos de Jedi e gañar o Xacobeo!
Tedes toda a información en http://www.imperialstormtroopers.com
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: novo curso de acceso ao Conservatorio de Música para nenos de 8 a 10 anos
Juana Ermitas Crugeiras lembrou que neste ciclo 2009/2010 o Conservatorio xa organizou outros dous cursos destinados ao alumnado que xa está estudando nel co fin de que reciban unha formación complementaria a cargo de profesores de gran prestixio. Referíase ao Curso de Piano, Música de Cámara e Composición que tivo lugar na pasada Semana Santa, e que foi impartido polo reputado mestre cubano Andrés Alén, da Escola de Música Creativa de Madrid; e á Aula Galega de Saxofón que se ven desenvolvendo unha vez ao mes, a cargo do profesor Rodrigo Vila, do Conservatorio Superior das Illas Baleares. “Agora damos un paso máis noutra dirección, e por primeira vez imos impartir un curso para nenos e nenas que aínda non están estudando no Conservatorio, pero que teñen intención de facelo”, declarou a edil de Educación. Segundo informou o seu director Álvaro López, trátase dun curso de carácter gratuíto no que durante seis semanas se traballarán os contidos que van integrar a proba de acceso ao primeiro curso de Grao Elemental: unha proba de carácter obrigatorio que terá lugar a mediados do mes de xuño. Ademais, os alumnos terán unha primeira toma de contacto coas distintas especialidades que se imparten no Conservatorio, ofrecéndolles unhas nocións básicas sobre cada instrumento, co fin de axudalos á hora de seleccionar a especialidade que no futuro inmediato queren estudar.
A mestra Susana Martínez encargouse de afondar nestes puntos, e explicou que cada unha das seis clases constará de dúas partes, a primeira das cales albergaría exercicios que entrarán na proba de acceso ao Conservatorio (tales como altura, duración, intensidade e timbre), mentres que a segunda servirá para que os pequenos coñezan as características e posibilidades de seis instrumentos musicais: violín, clarinete, trompeta, saxofón, violonchelo e frauta. O curso comezará mañá na Aula 5 do Conservatorio e prolongarase durante todos os mércores en horario de 18.35 a 19.25 horas. A aceptación do mesmo foi tal que se cubriron as 20 prazas ofertadas.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo: a Escola de Música organiza o II Obradoiro Musical e un concerto de clarinetes o sábado 24 de abril
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Deportes: máis de medio milleiro de imaxes da carreira do Corgo, por Xandra&Billa
E 579 máis en http://picasaweb.google.es/Albumxandra/Fotos1CarreiraDoCorgoCorrubedo
Para ver as clasificacións, máis fotos e algún vídeo, podes ir a http://certo.es/index.php?page=carreira_do_corgo
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Pobra: crítica do libro póstumo "A noite do moucho", de Anxo Rei Ballesteros, o gladiador demónico
Vaian á páxina 4 deste Protexta 13 (suplemento literario da revista Tempos Novos).
"Que caste de gladiador demónico era Anxo Rei Ballesteros sábeo pouca xente, o que era popular é que bebía moito", escribe Óscar Iglesias. Paga moito a pena ler a crítica. Agardamos que máis o libro, A noite do Moucho, en Galaxia. Vía culturagalega.orgPosted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

















