Se vou a Bueu nun bou, vou
pero se non vou a Bueu nun bou, non vou...
E como esta imaxe, 52 máis en http://picasaweb.google.com/vaiderodarianxo/VdRBueu
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Se vou a Bueu nun bou, vou
pero se non vou a Bueu nun bou, non vou...
E como esta imaxe, 52 máis en http://picasaweb.google.com/vaiderodarianxo/VdRBueu
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Durante o acto celebrarase unha mexilloada gratuita para todos os que desexen asistir.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 18 de agosto de 2010.- O porto de Rianxo contará cunha estación de subministro de combustible para a flota pesqueira con base neste porto da ría de Arousa, informou hoxe a Xunta de Galicia. Este servizo vén sendo reclamado por mariñeiros e grupos políticos con moita insistencia dende que deixou de funcionar a gasolineira que había, cos conseguintes prexuízos.
Anunciouse no Diario Oficial de Galicia o procedemento de selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario no porto de Rianxo para unhas instalacións de subministración de combustible. O organismo portuario está a instalar nos portos de Galicia estacións de subministro de combustible co obxecto de facilitar aos barcos que habitualmente teñen a súa base nos portos un servizo fundamental para a súa operatividade.
O prazo desta concesión será por un período de vinte anos coa posibilidade de seren prorrogados ata acadar os 30 anos ou o prazo máximo establecido na lexislación vixente no momento da prórroga. O sistema de adxudicación terá en conta a oferta máis vantaxosa.A subministración de combustible obxecto deste concurso é para embarcacións, actividade que deberá manterse ao longo do período de vixencia da concesión, permitindo propostas que inclúan ademais o servizo a vehículos de usuarios do porto.
Os documentos administrativos desta convocatoria poderanse descargar na web http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14392. A data límite de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do trixésimo día hábil seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Os novos modos de consulta son o servizo de Web Map Service, a través da web do Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), e os arquivos KMZ, que permiten unha visualización en 3D mediante a descarga a través do web do Plan
Barbanza-Noia, 18 de agosto de 2010.- A Xunta de Galicia pon a disposición pública dúas novas formas de ver a documentación gráfica do Plan de Ordenación do Litoral que se suman desde hoxe aos formatos PDF e Shapefile (SHP) xa existentes a través da web www.xunta.es/litoral. Estes novos modos de consulta son o servizo WMS (Web Map Service, que produce mapas de datos referenciados espacialmente) e os ficheiros descargables en formato KMZ de Google.
Estes dous xeitos de publicación da información permiten un maior abano de posibilidades para que os usuarios poidan consultar comodamente e con todo detalle toda a información do Plan de Ordenación do Litoral que se atopa (desde o 30 de xullo e ata que acabe setembro) na fase de exposición pública.
Como xa acontecera na fase anterior do documento, pódese acceder ao servizo WMS a través da web do Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), http://sitga.xunta.es/sitganet/catalogo/inicio.html. Grazas a este servizo o usuario poderá conectarse ás distintas cartografías do Plan do Litoral mediante un sistema de información xeográfica no que ten a posibilidade de visualizar, activar e desactivar todas as capas que compoñen cada serie cartográfica.
A conexión a este servizo pódese facer tanto cun programa de información xeográfica de escritorio (existen numerosos programas deste tipo con licenza libre e gratuítos) ou ben vía web nun visualizador de mapas de infraestruturas de datos espaciais de distintos organismos.
No que atinxe aos ficheiros KMZ dispoñibles na páxina web do Plan de Ordenación do Litoral, hai que destacar que permiten a visualización da información en 3D a través de Google Earth, un programa gratuíto que se pode descargar de internet e se instala no equipo. A vantaxe deste recurso é que Google posibilita facer as buscas por nome de lugares e ver ao mesmo tempo imaxes de satélite e os datos das capas do Plan. Para abrilos, o único que hai que facer é descargalos da páxina web –www.xunta.es/litoral-, gardalos no propio equipo e soamente con facer dobre clic sobre a descarga abrirase o programa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 18 de agosto de 2010. No seu día informamos da rodaxe desta película nunha das illas do Parque das Illas Atlánticas, a de Sálvora, que pertence a Ribeira. Ao consultar o blog Ilha de Orjais, do músico e mestre José Luís do Pico Orjais, descubrimos a interesante reciclaxe destas imaxes nunha fotonovela na revista Dorna, que realiza a asociación cultural da Illa de Arousa co mesmo nome. Teñen que ollar a revista en pdf nesta ligazón.
Tamén paga a pena, por suposto, o artigo "O senhor Colao", de Orjais, no que aparecen imaxes de Castelao en Bealo (ou era Cespón, Neixón en concreto?) e se fala dun músico de Taragoña que emigrou para Arousa logo da Guerra Civil. E non se perdan o excelente artigo adicado aos muíños, a historia dos últimos telefonistas de Arousa, as colaboracións de Séchu Sende e a entrevista con Ramón Neto. Vamos, que van ter que lela toda!Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Deste xeito faise posible a supervivencia do proxecto, que agora fará parte de Blogaliza, quedando outros coñecidos proxectos de Fillos de Galicia como Atopadoiro.org fóra do acordo e baixo a xestión directa da asociación, xa cun custo moito menor. Os responsables de ambas organizacións felicítanse polo acordo e agardan poder sentarPosted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
"Supoño que bilingüismo (estou falando do bilingüismo serio, nin monolingüísmo eufemístico nin diglosia) o hai en tantas vilas e cidades como ten a Galicia pero non deixa de abraiar que nos establecementos deste lugar onde estou, e tras escoitar como falas galego coa túa compaña, che respondan nun castelán impostado destinado sen dúbida ás masas turísticas madrileñas (ou ren)".
Todo o artigo en http://certo.es/index.php?page=vecinos_invasores
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Busto de Borobó na casa de cultura de Boiro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia