Muller con golfiño, de José Gude Ribeira, 19 de agosto de 2010. O auditorio de Ribeira acubille ata o 14 de setembro unha mostra de autores do Barbanza. Entre eles están os ribeirenses Jontxu Argibay e José Gude, así como Uxía Santos, Pablo Ces, Antonio Callón ou Susi Rodríguez. O horario de apertura do auditorio para ver esta exposición é de once da mañá a dúas da tarde de luns a venres. Martes, mércores e sábados, tamén de sete da tarde a nove da noitiña.Como indica o nome da exposición, MarArt, o principal motivo das obras é o mar, que se pode aprezar nas fotos de Pablo Ces ou nas xoias de Uxía Santos, que exploran as cunchas. José Gude, Antonio Callón e Jontxu Argibay mostran esculturas. Os ribeirenses amosan algunhas das súas pezas no seu blog http://arteleira.blogspot.com,
Peza de Jontxu Argibay en aglomerado que se pode ver na expo Susi Rodríguez e Pablo Ces son fotógrafos. Ces ofrece as típicas estampas mariñeiras mentres Rodríguez fíxolle fotos ás alfaias de Uxía Santos en distintas paisaxes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario