Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
7.3.11
Noia: o presidente de Portos de Galicia cursou visita ás instalacións portuarias
Deportes: a Copa Sálvora 2011 xa ten vídeo de promoción
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: o BNG apoia a posición das xentes do mar que rexeitan a colocación de gaiolas con salmón na ría
Salmón atlántico en liberdade. WikipediaNoia, 7 de marzo de 2011. A Consellería do Mar pretende autorizar a instalación de dúas gaiolas de cultivo industrial de salmón, pertenecentes á empresa North Food, S.L., no polígono mexilloeiro Muros C, na ría de Muros e Noia. Para o Bng de Noia, "chámanos poderosamente a atención a inexistencia de informes da propia Consellería sobre o impacto que a instalación das gaiolas e o proceso de medre do salmón (e a súa alimentación, medicación, etc.) podería provocar sobre os recursos mariños e o medio. Así se fixo no seu día no caso da ría de Arousa, concluíndo no risco de infección severa e recomendando que esas gaiolas non se deberían instalar na ría. Hai que lembrar que a ría de Muros e Noia é un espazo singular, cunha alta produtividade pesqueira, marisqueira e mexilloeira, e milleiros de homes e mulleres vivindo directamente destas actividades produtivas. Cómpre, daquela, extremar as cautelas e precaucións cando de preservar a ría se trata".
Os nacionalistas noieses explican en nota de prensa que "seiscentas once embarcacións pesqueiras e de marisqueo a flote teñen porto base na ría de Muros e Noia, ás que compre acrecentar outras 26 embarcacións auxiliares vinculadas aos polígonos mexilloeiros existentes. Sumémoslle os centos de persoas inseridas nos planos de explotación de marisqueo a pé, e teremos unha primeira mostra da necesidade de extraer o principio de cautela. En consecuencia o BNG de Noia, apoiará no Pleno extraordinario do Concello que se celebrará presumiblemente nos próximos días, o rexeitamento á instalación de gaiolas experimentais para o cultivo industrial do salmón na ría de Muros e Noia". Antes publicamos sobre o mesmo asunto estas novas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Arte: a ribeirense Rosa Crujeiras, directora artística da campaña publicitaria dunha coñecida marca de condóns estadounidense
Ribeira, 7 de marzo de 2011. A artista ribeirense Rosa Crujeiras (agora Rosa Crujeiras-Teira OdenWalder, tralo seu casamento cun norteamericano) é a directora artística da campaña publicitaria "Magnum Live Large", que protagoniza o rapeiro Ludacris para a marca de preservativos Trojan.
Ludacris na Wikipedia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Arqueoloxía: o equipo que escavou en Neixón adicarase a estudar a paisaxe cultural do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Arqueóloga destapando petróglifos en OnsRibeira, 7 de marzo de 2011. O grupo de traballo do Centro Superior de Investigacións Científicas que se ocupou das escavacións dos castros de Neixón en Boiro ata 2008 volve pola Ría de Arousa: acaba de obter un proxecto do Plan Nacional de I+D para estudar os procesos de formación e cambio da paisaxe cultural do parque nacional das Illas Atlánticas (2011-2013). Como xa é sabido, entre as Illas Atlánticas está a de Sálvora, que se inclúe dentro do Concello de Ribeira.
Illa de Sálvora, que forma parte do Parque das Illas Atlánticas dende que a Xunta a mercouEste proxecto interdisciplinar está dirixido por dúas arqueólogas, Paula Ballesteros Arias e Cristina Sánchez-Carretero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio, INCIPIT. O equipo que estivo en Neixón participará na vertente arqueolóxica do proxecto, que contempla a prospección intensiva das illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e a elaboración dun estudo de arqueoloxía do pasado contemporáneo con especiel fincapé na análise arqueolóxica das aldeas abandonadas. "Unha nova ocasión para aplicar a nosa experiencia neixonense e lanzadeira", explica o arqueólogo Xurxo Ayán, que fora director das escavacións de Neixón, no blog Arqueoneixón.Que é o Incipit?
Claustro do Instituto Padre Sarmiento en SantiagoO Instituto de Ciencias do Patrimonio, que participa nesta nova expedición arqueolóxico-paisaxística no Parque das Illas Atlánticas, é un centro en formación do CSIC en Galicia, creado mediante resolución do Consello Rector da Axencia Estatal CSIC o 26 de xaneiro de 2010. Está asociado na súa etapa inicial ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC, XuGa). Ao Incipit incorpóranse 45 persoas que desenvolven o seu traballo nas liñas de investigación do Laboratorio do Patrimonio. As súas misións son estudar, fomentar, desenvolver, validar e difundir investigación científica e tecnológica de calidade e carácter pluridisciplinar sobre patrimonio cultural, así como formar persoal investigador especializado e asesorar con coñecemento experto a entidades públicas e privadas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Arte: o noiés Ismael Teira expón "Habita-la tinta" dende o 10 de marzo en Santiago
Habita-la Tinta en todo o seu significado semántico, reflicte o obxetivo primordial da xénese expositiva. O creador enfrontase a unha superficie en blanco, deixando a devagar a súa
imaxinación. A exposición estará formada por quince pezas, das cales nove proxectadas en formato A4, cinco delas en formato A5 e xa como protagonista da mostra estaría unha última peza, a número quince creada a base de fío. Todas as pezas estarían á venda, cun custo reducido que se pode consultar unha vez visitada a mostra.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Música: unha creación da mestra do Conservatorio Teresa Bretal foi estreada onte pola Banda de Música de Santiago
Foto do Facebook de Teresa Bretal
No Concerto do Día Internacional da Muller Traballadora
Ribeira, 7 de marzo de 2011.- Onte, domingo, tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o "Concerto especial do Día da Muller Traballadora" levado a cabo pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, que dirixe Xosé Carlos Seráns.
Para o programa deste acto seleccionouse un repertorio no que todas as obras estaban compostas por mulleres, a excepción de “A Concertpiece nº 2” de F. Mendellssohn.
Como novidade cabe salientar que o concerto serviu para a estrea mundial de “Andrómeda": unha obra que Xosé Carlos Seráns encargou explicitamente para este concerto á pianista e compositora galega Teresa Bretal Martínez, profesora do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira, que compartiu programa xunto a "Marsovia" da compositora H. Blanke-Belcher e "Symphonie" da xa consagrada Ida Gotkovsky.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Banco de Tempo cambia o día de atención ao público, que será agora os mércores
Ribeira, 7 de marzo de 2011. A Secretaría do Banco do Tempo de Ribeira informa de que cambia o seu horario de atención e, dende agora, este servizo estará aberto os mércores en lugar dos luns como viña sendo habitual. Con esta modificación preténdese facilitar a asistencia aos socios do banco e ás persoas, entidades e institucións que estean interesadas en colaborar ou obter información para facerse socias.
O horario será de 11 a 13 horas da mañá. A secretaría seguirá situada na sede do Centro de Información á Muller (CIM).
No caso de que a algunhas persoas non lles veña ben este novo horario, deberán chamar ao departamento dos Servizos Sociais, e deixar os seus datos persoais xunto co teléfono para que a secretaría se poña en contacto.
Obradoiro postres Entroido
A imaxe que acompaña esta información é unha fotografía do grupo que tomou parte no obradoiro de postres típicos de Entroido que se realizou hai unha semana a iniciativa do Banco.
Os nomes dos socios son Mª Dolores Crujeiras (asesora xurídica CIM), Xose Alberte Lorenzo, Mª Teresa, Pilar Pereiro, Juanita (mestra do obradoiro, colaboración das amas de casa de Riveira), Mónica Chaves, Marisa Arnoso, Juanita Vilar, Esther Patiño (concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia), Estela Saa ( Secretaria do banco do tempo) e Dolores García.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
6.3.11
Dodro: o Partido Popular presentou a súa lista para o 22 de maio
Dodro, 6 de marzo de 2011. O pasado venres 4 de marzo arredor de cincocentas persoas arrouparon o Partido Popular de Dodro na presentación da súa candidatura para as próximas eleccións municipais.
Nesta presentación, segundo comentan fontes do PP, o candidato á alcaldía, Valentín Alfonsín, "tamén estivo arroupado pola cúpula do PP de Galicia entre os que se encontraban Diego Calvo, Secretario Provincial, José Manuel Álvarez Campana, Secretario de Organización e Presidente de Portos de Galicia; a senadora compostelá Mª Jesús Sáinz; o senador e actual alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer; as deputadas Paula Prado e María Seoane; os alcaldes de Rois, Lousame e O Pino e os alcaldables de Padrón, Rianxo, Ames, Brión, Vedra e Teo, entre outros".
O equipo está encabezado de novo por Valentín Alfonsín, ao que lle sigue Marisol Boga, Maximino Rodríguez, María Fernández, José Núñez, Cristina Codesido, José Baleirón, Graciela Carou, Ángel Jamardo, Adriana Soñora e María Calvo.
"Un equipo no que están representadas as tres parroquias do Concello. Un equipo unido, con ganas de traballar, de loitar polos intereses de Dodro e disposto a escoitar ós veciños. Persoas que traballan e traballarán por Dodro. Persoas que dende a humildade demostrarán a súa capacidade de xestión e sentido común", aseguran no PP.
O carneiro?
Abriu o acto Marisol Boga falando do traballo, da capacidade de xestión e do equipo que esa tarde presentaron, e finalizou agradecendo a presencia dos veciños e membros da cúpula do PP de Galicia. Continuou Álvarez Campana, quen agradeceu o traballo de Fernando Vila Brión e avogou por retirar “o carneiro” que se instalou no Concello fai catro anos.
Diego Calvo na súa intervención definiu a Valentín Alfonsín como “modelo de esforzo continuo” e “como a alternativa a un goberno local desgastado e sen ideas”. Explicou aos veciños a nova Lei de Augas, "e votou por terra as mentiras que o BNG de Dodro está a facer circular entre os veciños", acusaron os populares.
Pechou o acto Valentín Alfonsín, quen fixo repaso da xestión do bipartito cunha presentación de diapositivas, "poñendo de manifesto o fracaso e ineficacia do goberno actual á hora de executar obras e as innumerables promesas electorais do PSOE e o BNG incumpridas". Fixo mención especial aos cartos que os comuneiros de Dodro aportaron ó goberno actual e ás subvencións perdidas "debido á súa pésima xestión" e centrouse especialmente en Vitoria Rei, a súa contrincante polo Bng á alcaldía, por “apropiarse de méritos que non lle corresponden como a creación da escola infantil de Dodro ou o Centro de Día".
Pechou o acto presentando a candidatura e recordando aos homes que iniciaron a andadura de Dodro creando a escola de Tallós. Os numerosos veciños que enchían o salón do Pazo de Lestrove, en Lestrobe, ovacionaron ao alcaldable popular "durante varios minutos", segundo a nota de prensa do PP.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia




















