9.3.11
Boiro: o Centro de Formación e Viveiro de Empresas será inaugurado oficialmente este venres 11 de marzo
O presidente de Deputación voltará a Boiro para esta inauguración
Boiro, 9 de marzo de 2011. O Concello de Boiro, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, inaugurará este venres, día 11 de marzo, ás 12.00 horas, o Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial de Espiñeira, nun acto que contará coa asistencia do Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes; o Presidente da Deputación da Coruña, D. Salvador Fernández Moreda; o Subdirector de Xestión Económica do Ministerio de Ciencia e Innovación, D. José María Álvarez Pérez; o consejero técnico do Ministerio D. Manuel Constenla Bergueiro; e a Deputada Provincial Rosana Pérez Fernández, entre outras autoridades.
A construción deste centro é unha aposta do goberno de Boiro para o estímulo do emprego, pois ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, as iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos da súa andaina, que son os máis difíciles. Basicamente, é unha estrutura de acollida temporal pensada para ubicar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado laboral; prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, se facilite o desenvolvemento xerminal de iniciativas de interese local.
Cómpre lembrar que este centro valeulle ao Concello de Boiro a concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que ven a reafirmar a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego, ademais de por de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local.
O centro conta, ademais, cunha escola de cociña, totalmente equipada, para impartir formación a través de programas pensados para a capacitación profesional dos desempregados que pretenden acceder ao mercado laboral, sobre todo en sectores que se consideran máis dinámicos nas comarcas de Barbanza e Noia: hostalería e turismo.
Os espazos básicos cos que contarán as empresas son os seguintes:
- Locais privados ou despachos, equipados con armario de oficina, mesa despacho, caixóns, cadeiras, papeleira e percheiro, así como dotación de infraestruturas de iluminación, electricidade, climatización, teléfono e comunicacións.
- Áreas comúns: recepción, administración, secretaría, aulas, sala de xuntas, fotocopiadora, fax e aparcamento.
- Pequenos almacéns independentes para arquivo.
Nave para viveiro empresarial: cartos da Deputación
O Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas é froito da colaboración entre varias administracións. O desglose de investimento é o seguinte:
| FASES | FINANCIACIÓN ENTIDADES | IMPORTE (€) | PROYECTO | DESCRIPCIÓN |
| Fase I (2009) | Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local | 993.012,77 | Vivero de empresas | Construccion de edificio |
| Xunta de Galicia | 274.201,20 | Taller de empleo “Viveiro de empresas” | Construcción edificio y equipamiento | |
| Concello de Boiro | 101.290,00 | |||
| Fase II (2010) | Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local | 378.870,00 | Vivero de empresas | Construccion de edificio |
| Deputación da Coruña | 340.000,00 | Centro de Formación | Equipamiento escuela de cocina | |
| Xunta de Galicia | 274.201,20 | Taller de empleo “Viveiro de Empresas” | Construcción edificio y equipamiento | |
| Concello de Boiro | 101.290,00 |
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
8.3.11
Política: o Psoe considera "ataque aos dereitos constitucionais" que se excluíran máis de 150 empregados públicos nas eleccións sindicais de Sanidade
Lage Tuñas acusa ao director xeral da Función Pública de "carente de cultura democrática" e cualifícao como "novo recordman das irregularidades na Administración pública galega"
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2011. O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage revelou hoxe que máis de 150 traballadores e traballadoras da Consellería de Sanidade foron excluidos pola Dirección Xeral da Función Pública do censo electoral para elexir aos seus representantes.
Lage Tuñas explicaba hoxe que “non van poder votar por non estar incluídos no censo por parte do Director Xeral da Función Pública que está convertíndose no recordman das anomalías e irregularidades na administración pública galega”.
“Os empregados públicos dos servizos centrais de Sanidade que teñan o comezo do seu primeiro apelido entre a letra A e a letra M non poderán exercer o seu dereito ao voto se o Director Xeral da Función Pública non rectifica unha decisión arbitaria, inxusta e contraria aos dereitos constitucionais”, expón o deputado socialista.
“Un erro informático tamén deixou fóra do censo a todo o persoal estatutario que ocupa prazas na relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e dos Servizos Centrais do Sergas.” explica José Manuel Lage- que ao mesmo tempo recorda que “a deixadez da Dirección Xeral da Función Pública foi tal que nin colgou os censos nos taboleiros de anuncios do edificio administrativo correspondente para que o persoal puidera comprobar si estaba ou non no censo.”, prosegue Tuñas, quen entende que “é intolerable que un alto cargo da Xunta de Galicia intente impedir a participación da metade do censo de traballadores públicos nunhas eleccións sindicais, o que amosa unha clara falta de “cultura democrática” e respecto á Constitución.”
“Pídolle ao sr. Rueda, conselleiro de Presidencia e Administracción Pública que poña freo a esta vulneración dos dereitos dos empregados públicos. José María Barreiro, director xeral de función pública, está privando dos seus dereitos á metade do censo de traballadores dos servizos centrais da consellería de Sanidade e do Sergas”, prosegue Lage, para quen “a función pública está dirixida por un señor carente de cultura democrática e que pisotea a legalidade constantemente. É o novo recordman das irregularidades na administracción pública galega”.
Dende o PSdeG considérase que “a exclusión de máis de cento cincoenta traballadores das eleccións sindicais a celebrar o 14 de marzo nos servizos centrais da consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde é a penúltima tropelía cometida polo Sr. Director Xeral da Función Pública.”
Lage Tuñas remata explicando que “as continuas anomalías e irregularidades na xestión da función pública galega son unha constante nos dous primeiros anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia. Ao mellor debería facerse mirar este problema o Sr. Presidente, xa que o descrédito ao que están levando a xestión da función pública alcanza cotas insuperables”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: o sábado 12 de marzo preséntase o catálogo "O Son de Seoane"
Porto do Son, 8 de marzo de 2011.O próximo sábado, día 12 de marzo, ás 20:30 h. presentarase o catálogo da exposición "O Son de Seoane". Será no auditorio da Casa de Cultura de Portosín. O acto constará dunha charla-coloquio a cargo da crítica de arte Fátima Otero e do visionado dun documental sobre o artista galego Luís Seoane.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o alcaldable polo PP promete un Consello Económico e Social para que os veciños participen na vida do municipio
O candidato á Alcaldía incorporará ao seu proxecto as suxestións recollidas no Taller de Ideas celebrado o pasado venres, no que máis de 120 persoas achegaron preto de 200 propostas
Ribeira, 8 de marzo de 2011.- Como parte do seu compromiso de abrir a xestión municipal á cidadanía, o candidato do PP á Alcaldía, Manuel Ruíz Rivas, creará o Consello Económico e Social de Ribeira como órgano para canalizar a participación dos cidadáns na vida política, social, económica e cultural do concello. Así, o Consello se configurará como foro permanente de diálogo entre os axentes económicos e sociais e o Concello para o deseño das políticas e estratexias relativas aos asuntos de maior transcendencia para o municipio. Esta decisión se enmarca na aposta firme de Ruíz Rivas de posibilitar unha participación activa dos veciños na toma de decisións que afectan á vida do seu concello. Unha aposta da que o Taller de Ideas celebrado o pasado venres foi un claro exemplo. O candidato á Alcaldía incorporará ao seu proxecto as suxestións recollidas no Taller de Ideas, no que máis de 120 persoas achegaron preto de 200 propostas. Ruíz Rivas agradece a participación dos cidadáns, que considera unha mostra de que “hai vontade de implicarse na vida do concello e esa vontade haina que aproveitar”. As achegas recollidas pódense consultar na páxina web do candidato, www.manoloruiz.org. BIBLIOTECAS, SEMÁFOROS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS Entre as propostas achegadas no Taller de Ideas, salientan as relativas á xuventude, como a recuperación de Ribeira como zona de ocio para os mozos ou a posta a disposición das instalacións escolares para cursos e xornadas formativas. Igualmente, recolléronse peticións para ampliar os servizos e horarios das bibliotecas e para ampliar os ciclos formativos. En materia de tráfico, a meirande parte das suxestións céntranse na necesidade de regular por semáforos determinadas zonas e na apertura de algúns viais. Igualmente, propúxose a habilitación dun carril-bici e a construción dun párking subterráneo na Avenida do Malecón. Varias das suxestións piden, doutra banda, unha maior presencia policial. Os participantes tamén achegaron propostas sobre novas instalacións deportivas, novos parques nas parroquias e a construción dun novo Auditorio. Así mesmo, hai propostas sobre a dotación de solo industrial.A mellora da carteira de servizos do hospital comarcal tamén estivo presente en moitas das suxestións feitas. Para Ruíz Rivas, o resultado do Taller é “altamente satisfactorio” e confirma que “son os ribeirenses os que máis coñecen a realidade do seu municipio e, polo tanto, os que mellor poden colaborar a construír o proxecto que queremos para Ribeira”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Psoe local celebrou o Día da Muller Traballadora cun acto na Praza 8 de Marzo
Ribeira, 8 de marzo de 2011. O Psoe de Ribeira conmemorou esta mañá o Día da Muller Traballadora cun acto na Praza 8 de Marzo na que, segundo explican os socialistas, "garántense medidas municipais que fomenten a igualdade de xénero se os cidadáns nos dan a súa confianza".
A segunda de a bordo na candidatura que lidera Andrés Fariña, Encarna Romero, leu un manifesto titulado "As mulleres, forza esencial para saír da crise". Os socialistas de Ribeira consideran necesario “que se elaboren e implanten medidas municipais que garantan a igualdade no acceso ao mercado laboral e nas retribucións salariais das mulleres, a través dos propios procedementos de contratación municipal”.
Romero demandou tamén medidas para a conciliación da vida profesional e persoal de mulleres e homes e "para a loita contra a feminización da pobreza, pois as mulleres, representan para nós a forza vital e imprescindible para que o noso país, e o noso propio Concello, recuperen o seu benestar económico, político e social”.
Na lista do PSdeG de Ribeira para as eleccións de maio hai dez mulleres,, "o que demostra o compromiso da candidatura de loitar pola igualdade no municipio".
Precampaña
A lista socialista encabezada por Andrés Fariña vai ser presentada este venres 11 de marzo. Segundo adiantou o candidato, "basearase a nosa proposta de cidade en piares básicos como a ordenación urbanística, o desenvolvemento económico e as políticas sociais".
En vindeiras semanas, Fariña, Romero, Francisco Mareque, José Manuel Vilas, Dolores Fernández e resto de integrantes da candidatura iranse reunindo con colectivos sociais e culturais de Ribeira para explicar o seu proxecto e recoller inquedanzas da veciñanza.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: ciclo de conferencias sobre saúde do 15 ao 18 de marzo
A primeira charla versa sobre coidados da vistaNoia, 8 de marzo de 2011. A Concellería de Sanidade noiesa organiza este mes un ciclo de conferencias sobre diversos aspectos relacionados coa saúde. Todas van ter lugar no edificio administrativo da rúa do Espírito Santo. A primeira delas terá lugar o martes 15 de marzo, a cargo da oftalmóloga do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, Begoña de Domingo Barón. Versará sobre oftalmoloxía e saúde visual. Comeza ás oito da tarde.A segunda charla, o mércores 16 de marzo, tratará sobre patoloxías respiratorias, con especial incidencia no sempre controvertido asunto do tabaquismo. A terceira charla abordará o fenómeno do alcoholismo, con especial fincapé nas complicacións do consumo deste tóxico.
Edificio administrativo da rúa Espírito Santo, 4
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: o desfile de Entroido é hoxe, martes 8 de marzo
No veciño municipio de Ribeira o desfile foi o domingo
A Pobra, 8 de marzo de 2011. Hoxe martes de entroido terá lugar ás 17:30 horas o comezo do Desfile de Disfraces e Carrozas desde A Covecha, para percorrer as rúas do pobo da Pobra do Caramiñal.
No desfile participarán as comparsas:
“OS PAPARRULOS” DE MARÍN
“OS CANECOS” DE POIO
“OS XARDÍNS DE BIBILONIA” DE SAMIEIRA
PREMIOS
CARROZAS GRUPOS,PARELLAS E INDIVIDUAIS
1º 600 EUROS 1º 350 EUROS
2º 450 EUROS 2º 250 EUROS
3º 300 EUROS 3º 200 EUROS
4º 150 EUROS 4º 125 EUROS
5º 25 EUROS
6º 50 EUROS
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
7.3.11
Rianxo: o Museo do Mar, interesado na creación dunha rede de Centros e Museos Marítimos de Galicia que propón o homónimo de Vigo
Museo do Mar de Vigo. Pode ver unha fotogalería del aquí
O museo do Mar de Muros non aparece mencionado na nota do Museo vigués
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: a asociación "Flor de Toxo" denuncia o "pasotismo e acomodamento" do equipo de goberno
Entre as propostas das asociacións hainas referidas a seguridade viaria Ribeira, 7 de marzo de 2011. A asociación "Flor de Toxo" de Ribeira explica hoxe en nota de prensa que durante as pasadas semanas, unha serie de asociacións do municipio viñeron mantendo encontros nos que trataron diversas propostas en materia educativa e xuvenil a reclamarlle ao concello. Para o día de hoxe aseguran que tiñan solicitado, mediante escrito e debidamente rexistrado no rexistro de entrada do concello, un encontro co Alcalde, co concelleiro de Xuventude e coa concelleira de Educación. "Ás 10:30 horas do día, unha delegación composta por representantes das A.N.P.A.S dos colexios C.E.I.P. de Aguiño, C.E.I.P. Pedra do Corniño de Carreira, I.E.S. Leliadoura, I.E.S. Nº1 e C.E.I.P. O grupo, asemade como membros da Asociación Xuvenil Flor de Toxo, Galiza Nova, Xuventudes Socialistas e Asoc. De Veciños de Abesadas e Cubeliños entraron polas portas da Casa Consistorial e dirixíronse á Alcaldía, onde a secretaria particular do alcalde, Purificación Cores, persoa vinculada ao Partido Popular, nos atendeu cuns aires chulescos e de prepotencia informándonos de que non se realizaría ningunha reunión cos membros de equipo de goberno que se solicitara. Foi logo Juana Ermitas Crujeiras, Concelleira de Educación a que nos reiterou que ese encontro non ía ter lugar. Unha vez máis demóstrase o pasotismo e o acomodamento do equipo de goberno ribeirense. Cabe resaltar que as reunións previas convocouse ás Novas Xeracións do PP Riveirense e non apareceron nin mostraron interese", explicaron. Propostas recollidas polas asociacións-Control nos pasos de peatóns da cidade por parte dos membros de Protección Civil nas horas de entrada e saída dos colexios. Hai que ter en conta o número de atropelos que hai na actualidade.
-Apertura inmediata e posta en funcionamento da Casa da Xuventude, e que se conte coas asociacións xuvenís, culturais e anpa´s do municipio para a súa xestión.
-Creación dun Consello Local da Xuventude e un Consello Escolar Municipal.
-Creación dun novo centro de Formación Profesional, levamos 20 anos coa mesma oferta educativa.
-Apertura en fins de semana das pistas deportivas dos colexios: os mozos non teñen por que saltar murallas, non son delincuentes.
-Construción dunha gran área deportiva e céntrica con pistas de baloncesto, fútbol, tenis, etcétera.
-Oferta de actividades para os xóvenes e nenos do concello, que sexa continua e ao longo de todo o ano.
-Achegar actividades de ocio infantil ás parroquias.
-Creación dun plan de emprego, que sexa real e non un monte de papel, para xóvenes do municipio cualificados. Estamos perdendo poboación moza porque saen da universidade ou de F.P e aquí non atopan traballo.
-Creación de locais públicos para o uso das asociacións.
-Achegar a cultura galega aos colexios, clases de gaita, charlas sobre o mar. Modernidade e tradición non teñen por que ser palabras opostas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia























