23.5.12

Ribeira: as charlas sobre cans deste venres 25 tratan do adestramento e convivencia coas mascotas na cidade

  • As ponencias terán lugar no centro de San Roque
  • A última andaina destas xornadas "Encanínate" terá lugar este domingo 27 de maio e sairá dende Deán (dende a chamada pista vermella / pista deportiva). Todos os asistentes deberán presentarse ás 9.30 horas no lugar da saída

Media_httpfarm5static_gbhdd

Ribeira, 23 de maio de 2012.- Este venres día 25 de maio, a partir das 20 horas, terá lugar no centro de interpretación do Parque Periurbano de San Roque o ciclo de charlas incluído dentro da programación das xornadas Encanínate: unha iniciativa coorganizada polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett.


Estas xornadas perseguen difundir aspectos sobre o adestramento en positivo e a boa convivencia dentro dos medios urbanos entre as persoas e as mascotas. Serán gratuítas e están abertas a todo o público que desexe acudir.

O programa constará da seguinte estrutura:

 20.00 – 20.40 / "Aprende a educar" Ángel Mollá (Adestrador canino):

1. ¿Por que educar antes de adestrar?

2. A importancia da educación canina.

3. Quero comprender ao meu can.

    - A linguaxe dos cans.

    - Como podo comunicarme con el e que me entenda?
 

 20.45 – 21.30 / "Mitos e realidades sobre as vacinas e desparasitacións" Alejandro LLovo Otero (Veterinario):

Tratarase de desmontar falsas crenzas sobre as vacinas e o  desparasitado dos animáis de compañía.

21.30 – 22.00 /  Mesa redonda: “Convivencia entre humanos e mascotas”

Coa participación de Pedro Fernández, xefe interino da Policía Local de Ribeira;  Jesús Freire, concelleiro delegado de Benestar Comunitario do Concello e  Rosa Guerra, responsable do servizo lacería municipal (moderadora)

Última andaina, este domingo 27

Media_httpfarm4static_nedlh

Zona da Pedra das Cabras, con petróglifos, en Ribeira


Por outra banda, a última andaina das xornadas Encanínate terá lugar este domingo 27 de maio e sairá dende Deán (dende a chamada pista vermella / pista deportiva). Todos os asistentes deberán presentarse ás 9.30 horas no lugar da saída.

Nesta ocasión percorrerase o monte de san Alberto, pasando pola Pedra das Cabras, os Muíños de Auga e outros sitios de interese paisaxístico e ambiental.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: ata o 6 de xuño expóñense no auditorio as vinte obras premiadas no XII Certame "Isaac Díaz Pardo"

  •  Son traballos de 15 artistas, de moi diversa índole creativa

Media_httpfarm8static_tjjhq

Marcos Covelo - Wisdom Tooth
 
Ribeira, 23 de maio de 2012.- Desde esta mesma mañá e ata o día 6 de xuño, o Auditorio Municipal exhibe a colección coas obras distinguidas no XII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, que convoca a Deputación Provincial de A Coruña.

A mostra, incluída dentro da programación do Maio Cultural do Concello de Ribeira, está comisariada por Xosé Antón Castro Fernández e reúne 20 obras dos quince artistas seleccionados no XII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo: Fruela Alonso Blanco, Berta Álvarez Cáccamo, Darío Basso, Vicente Blanco, Tono Carbajo, Salvador Cidrás, Víctor-Hugo Costa Alonso, Marcos Covelo, Victoria Diehl, Yolanda Dorda, Carlos Maciá, Joseba Muruzábal, Cruz Pérez Rubido, José Andrés Santiago Iglesias e Xabier de Sousa Alonso.

Os que se acheguen á instalación ribeirense poderán contemplar creacións con moi diversas linguaxes artísticas e técnicas, tanto tradicionais como o gravado ou o debuxo, coma as novas tecnoloxías, o collage, a ensamblaxe, dixitalización ou infografía.

Media_httpfarm8static_wkrge

Victoria Dehl - Serie El cuerpo vulnerable


Nas correntes da abstracción posformalista aparecen os traballos de Darío Álvarez Basso, Berta Cáccamo, Carlos Maciá e Cruz Pérez Rubido.  A pintura máis figurativa, de xestualidade expresionista, moi próxima ao grafitismo é a obra de Joseba Muruzábal.

O realismo infográfico impreso dixitalmente de Antonio Santiago Iglesias; o conceptualismo da obra de Salvador Cidrás nas súas historias urbanas protagonizadas por mozos; a relación entre a arte e a vida a través dos corpos espidos que fotografía Vitoria Diehl; a precisión das paisaxes de Fruela Alonso, amplas perspectivas de horizontes inalcanzables da natureza ou do espazo urbanos que se presentan baixo unha luz tenebrosa; a linguaxe videográfica de Vicente Blanco e, fronte a imaxe en movemento da súa obra, a paisaxe fragmentada de Victor Hugo Costas... constitúen outras propostas que se poden observar na exposición.

Homenaxe ao intelectual finado este ano, Díaz Pardo

Organizado pola Deputación da Coruña, este certame naceu coa intención da apoiar aos creadores e fomentar a produción artística na provincia, ademais de converterse en plataforma de promoción no ámbito da pintura, fotografía, instalación, escultura ou deseño.

Ademais, este ano quíxose render unha especial homenaxe á figura que dá nome ao premio: Isaac Díaz Pardo, un dos principais artistas e intelectuais da cultura galega, falecido a principios do presente ano.

Pode que tamén lle interese:


Xoves 24 no Ateneo: "Herdeiros pola forza"


 Previa da Copa Sálvora e trofeos de fútbol infantil e afeccionado: este sábado 26 e domingo 27 de maio


Charla sobre empresas: o xoves 31 de maio na aula multimedia

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: arredor de 120 políticos e traballadores municipais na festa de Santa Rita

  • O Concello aproveitou o acto para homenaxear aos empregados municipais que contan con 30 ou máis anos de experiencia na Corporación Local. O alcalde entregou unha insignia de ouro co escudo do Concello a sete veteranos: Esperanza Codesido, Manuel Baleirón, Francisco Javier Paisal, Salvador Álvarez, Juan Manuel Fernández Calo, Serafín Rodríguez e Antonio Queiruga

Media_httpfarm8static_kfrtn

Os traballadores municipais ribeirenses homenaxeados

Ribeira, 21 de maio de 2012.- Máis de 120 traballadores municipais dos Concellos de A Pobra, Boiro, Lousame, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo e Ribeira conmemoraron no día de onte, neste último municipio, a tradicional festa de Santa Rita por medio da celebración compartida dun programa de actos de confraternidade

Así, ás 12 do mediodía no salón de plenos da Casa Consistorial ribeirense tivo lugar unha recepción dos traballadores e traballadoras participantes na celebración por parte do alcalde local, Manuel Ruiz, para, acto seguido, desprazarse todos xuntos ata a igrexa de Santa Uxía e asistir a unha misa na honra de Santa Rita.

Media_httpfarm8static_iudbi

Museo

Media_httpfarm9static_apxsw

Unha vez finalizada a cerimonia, o grupo tivo ocasión de coñecer o interior da Sala Museo Municipal de Ribeira da man da responsable da instalación, Pilar Casas, quen foi explicando cada unha das coleccións que se custodian no inmoble, inaugurado hai pouco máis dun ano.

 http://farm8.staticflickr.com/7074/7254543018_ae536aaac2_z.jpg

O prato forte da xornada chegaría en torno ás dúas e media da tarde cun xantar no restaurante Baiuca, na parroquia de Artes, na que estiveron presentes os alcaldes de A Pobra, Boiro, Lousame, Outes, Porto do Son, Rianxo e Ribeira. O prezo que tivo que pagar cada comensal este ano ascendeou a 48 euros.

Por segunda ocasión no día, Ruiz Rivas tivo a oportunidade de dixirirse aos asistentes para felicitalos e para destacar o tesón con que os traballadores municipais defenden os intereses dos cidadáns do Concello. A este respecto, aseverou que “nestas épocas difíciles algúns Concellos optan por intentar buscar axustes en materias como persoal, pero na comarca e en Riveira temos ido polo camiño contrario”, e resaltou os case 90 postos de traballo que se van consolidar este ano no seu municipio.

Media_httpfarm8static_ytief





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.5.12

Rianxo: primeiro concello da bisbarra en posicionarse contra as fumigacións do gorgullo do eucalipto

  • Estaba previsto fumigar máis de 3.000 hectáreas en Rianxo cunha sustancia que deixará de ser legal este ano, ao prohibila expresamente a Unión Europea

A Plataforma contra as Fumigacións presentou o 21 de maio de 2012 86.426 sinaturas contra os tratamentos aéreos con Flufenoxuron en Galicia. A campaña fíxose a través de change.org (http://www.change.org/petitions/salvemos-las-abejas-de-galicia-queremosabellas)

Rianxo, 22 de maio de 2012. O Concello de Rianxo solicitou mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Montes da Xunta de Galicia que se prohíban as fumigacións que teñan previstas no municipio nas extensións de eucaliptais. Quérese evitar así calquer produto químico que conteña a sustancia activa flufenoxurón, non aprobada e prohibida a día de hoxe pola Unión Europea e a piques de erradicarse definitivamente, tal como se instou no Reglamento de execución da UE 942/2011.

Tal e como consta na Comisión da Unión Europea esta sustancia “demostra efectos inadmisíbeis para o comportamento acuático… persistente, bioacumulábel e tóxico…” e insta a que deixen de comercializarse os biocidas que a conteñan. A piques de desaparecer do mercado os produtos que leven este compoñente e rematar a finais de ano a moratoria última que deu a comisión europea para eliminalo "sorprende o empeño da Xunta en seguilo a aplicar en Galicia e particularmente en 3.362 hectáreas de Rianxo cando todos os estados da Unión son avisados de que esta sustancia non se aproba e se fai un chamamento tallante a erradicalo antes de finais de ano", sinalan dende o Concello.

Información áos comuneiros de montes

O Concello de Rianxo dirixirase ás comunidades de montes do concello para informarlles desta situación e que sexan coñecedores dos efectos sinalados no produto, tendo en conta ademais que moitos dos acuíferos que dan servizo ás traídas veciñais poden ser afectados e con efectos non comprobados sobre a saúde das persoas. O que si está comprobado é que acaba coas abellas, tan importantes para a agricultura e para o proceso da vida na terra tal e como a coñecemos agora.

Tamén, en Rianxo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este xoves 24 de maio preséntase a curtametraxe "Luz"

Noia, 22 de maio de 2012. Este xoves 24 de maio, ás 20:30h terá lugar no Salón de Actos da Sociedade Liceo de Noia a estrea de "LUZ", unha curtametraxe escrita e realizada por Peña Producións do Colexio "María Assumpta" de Noia. Aberto a todos os públicos.

Pode que tamén lle interese:

Casa da Cultura de Noia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.5.12

Ribeira: atopan unha balea varada na praia da Ladeira do parque natural de Corrubedo

Ribeira, 21 de maio de 2012.- Efectivos do Grumir e Protección Civil de Ribeira recibiron hoxe pola tarde aviso da aparición na praia da Ladeira, en Corrubedo, dunha balea varada morta cunha lonxitude algo superior aos catro metros.

O servizo de emerxencias ribeirense recibiu alerta da existencia do animal polo 112 en torno ás catro da tarde e, de inmediato, un equipo desprazouse ata o areal a fin de proceder a súa sinalización e inmobilización. Ademais, deuse aviso ao Cemma (Centro para o Estudo de Mamíferos Mariños) para a pertinente toma de mostras de carácter biolóxico.

Está previsto que mañá se executen os traballos de retirada do cetáceo da praia da Ladeira, que está encravada dentro do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe pide un plan especial de protección da zona histórica ante o desleixo do equipo de goberno

  • O Concello leva máis de tres anos (dende a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, en 2008, que establece dous anos para isto) sen facer un Plan Especial de Protección e Reforma Interior do ámbito da zona antiga do municipio
  • O equipo de goberno segue a conceder licenzas neste ámbito ao abeiro dunha ordenanza provisional, algo que agora mesmo é nulo de pleno dereito
  • Toda a zona antiga da Pobra está protexida, segundo indica a Lei de Patrimonio
  • Noia, Muros e Padrón xa contan con este documento que aporta seguridade xurídica
  • O Psoe vai dar conta ás institucións responsables deste desleixo se o equipo de goberno non se pon xa mans á obra con este plan


O legado patrimonial da Pobra é impresionante. Na imaxe, escudo da antiga cadea

Mocións relacionadas:


Tamén, na Pobra:


Presentación de libro: este venres 25 de maio, Dark Butterfly


Patrimonio: denuncian o abandono por parte do equipo de goberno



Moción solicitando Plan Especial de Protección e Reforma Interior do ámbito do Casco Antigo.docx Download this file

Alcalde casco vello.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 26, guateque no Liceo

[[posterous-content:pid___0]]

Pode que tamén lle interese:

Casa da Cultura de Noia
Contacontos en Noia: para nen@s o venres 25. Hai que anotarse antes!


Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 26, guateque no Liceo

[[posterous-content:pid___0]]

Pode que tamén lle interese:

Casa da Cultura de Noia
Contacontos en Noia: para nen@s o venres 25. Hai que anotarse antes!


Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: rematou o primeiro dos cursos de informática para maiores de 50 e realizouse a excursión a Portugal dos obradoiros de memoria

Dodro_informatica
Dodro, 21 de maio de 2012. O mércores 16 de maio rematou o primeiro dos cursos de informática para maiores de 50 anos que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade. Unha ducia de veciños/as de Dodro remataron o curso satisfactoriamente e recibiron da man da concelleira o diploma acreditativo.

Excursion_tall
Por outra banda, o pasado venres día 18 de maio os alumnos/as que durante o curso asistiron aos Talleres de Memoria e Alfabetización  que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro, foron de excursión de fin de curso. Visitaron a Virxe da Pedra, Baiona, a Catedral de Tui, disfrutaron dunha comida-baile en Valença do Minho e pola tarde aproveitaron para visitar Fortaleza e realizar unhas compras.

O próximo día 29 terán unha pequena festa de fin de curso para así rematar o curso dos talleres de memoria e alfabetización, segundo informou Marisol Boga Grela, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro.

Antes, en Dodro:


Letras Galegas: o 24 de maio, Galego de Cine


Política: que está a pasar co consorcio?


Política: o PP minte e xestiona mal, di o Bng


Política: o Psoe di que o alcalde minte sobre a secretaria

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical