4.9.12

Ribeira: o novo obradoiro de emprego que pide o Concello chamaríase "Vionta"

  •  Tería tres especialidades (albanelería, carpintería e cultura) e entre as súas actuacións estaría a construción dun salón social multiusos en Carreira
  • Formaríanse 45 veciños en risco de exclusión

Media_httpfarm4static_qatfs

Cada obradoiro de emprego de Ribeira leva un nome de illa ou illote. Na imaxe, praia da illa de Viontas


Ribeira, 4 de setembro de 2012.- O Concello vén de solicitar á Xunta de Galicia un novo obradoiro de emprego destinado á formación de persoas maiores de 25 anos en situación de desemprego e con problemas de inserción laboral. Nesta ocasión, a escola chamaríase “Vionta”, dando continuidade así á práctica municipal de empregar topónimos mariños na denominación da iniciativa, tras a posta en marcha en anos pasados dos obradoiros “Illa de Sagres”, “Illote Noro”, “Illote Noro II” e “Airoas”.

 

O obradoiro contaría con 45 alumnos-traballadores repartidos en tres especialidades: fábricas de albanelería (20 alumnos), traballos de carpintería e moble (15 alumnos) e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais (10 alumnos).

 

Persoal

Así mesmo, compoñeríase dun equipo directivo, docente e de apoio formado por un director, tres mestres (un por especialidade), un auxiliar administrativo, un titor, un mestre de educación básica, un mestre de xestión empresarial e un ordenanza condutor.

 

Entre as actuacións que estaría previsto desenvolver ao longo do curso destaca a construción dun Salón Social e Multiusos na parroquia de Carreira. Outros traballos dos que tamén se beneficiaría a sociedade riveirense son a realización de equipamentos en madeira para espazos públicos, de mobiliario de madeira para departamentos municipais e a posta en práctica dun programa de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais con carácter interparroquial e interxeneracional.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado, 8 de setembro, festival "Salsa na Rúa"

  • Talleres e exhibicións de baile sucederanse ao longo do día 


Ribeira, 4 de setembro de 2012.- Este sábado os ribeirenses e visitantes vibrarán coa programación da terceira edición do Festival Salsa na Rúa: unha actividade adscrita á programación da Fiestra da Cultura que está organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Haveira e a Escola de Baile El Tomasón, e o apoio de diversas entidades comerciais e hostaleiras do municipio. 

Para falar dos pormenores da iniciativa déronse cita no Auditorio Municipal a concelleira de Cultura, Elvira Pisos; o presidente da Asociación Haveira e director de El Tomasón, Orlando González;  ademais de dous dos bailaríns profesionais que tomarán parte activa no evento, Luisinho Astral e Elena Zouc. 

O festival dará  comezo ás 12 do mediodía nas aulas da Escola de Baile El Tomasón para albergar, ata as 13 horas, un taller de folclor cubano e roda de casino cubano e, de 13 a 14 horas, outro obradoiro de zouk e lambazouk. 

Xa ás 19.30 horas, a danza chegará ás rúas a través dunha exhibición de danza moderna na praza de Vigo. Esta actividade prolongarase ata as 20.30 horas e constará de exhibicións de hip hop, salsa, bachata, batuka ou samba de gafieira, entre outros estilos. 

Xa ás 20.30 horas, darase cabida a unha gala de clausura diante do palco de pedra do Malecón cunha exhibición de baile. 

No transcurso do festival comparecerán bailaríns de países como Brasil, Cuba, Portugal, República Dominicana e España. 

Tanto Elvira Pisos como Orlando González e os dous artistas convidados á presentación quixeron animar á veciñanza á que non deixe de presenciar os espectáculos que se teñen organizado.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.9.12

A Pobra: charlas sobre saúde e bos hábitos vitais en setembro e outubro

Pobra_vida_saudable

  • O programa comezará este venres día 7 de setembro e rematará o 19 de outubro

A Pobra, 3 de setembro de 2012. En colaboración coa Cruz Vermella de Boiro, o departamento de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal promove a celebración dun ciclo de charlas aberto a calquera tipo de público que leva por título “Vida saudable”.

O lugar de celebración será o auditorio do Museo Valle-Inclán e en total serán cinco charlas que terán como tema principal as pautas a seguir para disfrutar dunha vida sa: coidados na alimentación, actividade física, hixiene do sono e outras. En cada xornada, como é habitual, haberá un especialista do tema a tratar.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: do venres 7 ao martes 11 de setembro, Festas do Carme

A Pobra do Caramiñal: o 8 e 9 de setembro, concentración de motos clásicas

Ribeira: 900.000 euros, en tres prazos, da Xunta para o novo mercado municipal

Sinatura_protocolo_colaboracin

 

 

Ribeira, 3 de setembro de 2012. O último Consello da Xunta celebrado o pasado xoves ratificou o compromiso adoptado pola Consellería de Economía e Industria co Concello de Riveira, segundo o cal este departamento autonómico aportará un total de 900.000 euros á construción do novo mercado municipal: unha das actuacións principais entre as englobadas no programa Riveira Atlántica 2015, que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder.

 

A citada achega económica, distribuída en tres anualidades de 300.000 euros cada unha, ten como obxectivo impulsar a competividade da actividade económica dos municipios e potenciar o comercio de proximidade. Adscríbese ao Plan Ágora, Agora ReComercia.

 

Neste ámbito, hai que recordar que o pasado 1 de xuño -no marco dos actos de presentación oficial do programa Riveira Atlántica 2015-, asinábase na Casa Consistorial un protocolo de colaboración entre Consellería e Concello coa fin de propiciar esta axuda.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o centro, de novo levantado por obras

 

Ribeira, 3 de setembro de 2012.- Tal e como fora anunciado a semana pasada, no día de hoxe iniciáronse os traballos de renovación da pavimentación de varias rúas situadas no casco urbano de Ribeira, entre as cales se contan as vías Otero Pedrayo, Mariño de Rivera, Carroucha, Xosé Ramón Barreiro e 9 de Agosto, neste último caso, no tramo comprendido entre a praza do Concello e o cruce coa avenida Miguel Rodríguez Bautista.

 

Operarios da empresa adxudicataria da actuación –Nemesio Ordóñez, S.A.- comezaron estes labores obrando xa dende primeira hora da mañá na rúa Mariño de Rivera, vía na que están a fresar o asfalto existente, bastante deteriorado polo uso, para a continuación estender unha nova capa de aglomerado.  O orzamento da actuación ascende a máis de 58.000 euros.

 

O período de execución do global dos traballos, dos que tamén se verán beneficiadas zonas puntuais da parroquia de Aguiño, é dun mes.




O venres publicamos:


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: rematou o curso de animación para grupos


Dodro, 3 de setembro de 2012. Este pasado sábado, día 1 de setembro rematou en Dodro o Curso de Animación de Grupos, actividade promovida pola Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo e na que participaron 14 mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e 35 anos.  

     Esta acción formativa de 14 horas de duración, celebrouse na Casa de Cultura do Concello de Dodro e tivo por obxecto capacitar as persoas participantes para o traballo con grupos no ámbito da animación comunitaria de carácter sociocultural. 

     No acto de clausura desta actividade, participaron a Concelleira de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo, Dna. Cristina Codesido Fernández e o Alcalde de Dodro, D. Valentín Alfonsín Somoza, que foi o responsable da entrega de diplomas ás persoas participantes. 

     O Curso de Animación de Grupos supón o punto de partida dun amplo programa de actuacións dirixidas á mocidade do territorio e orientadas a: mellora da súa formación e empregabilidade,  a diversificación da oferta de actividades de lecer xuvenil e a promoción da participación activa deste colectivo nos procesos de creación e dinamización de tempos, espazos e recursos da vida cultural da comunidade.

Antes, en Certo:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: aprobado o plan de aproveitamento da anguía na desembocadura do Tambre

  • Sae hoxe no Diario Oficial de Galicia e autorízase tras ser solicitado pola Confraría de Pescadores de San Bartolomé, en Noia, e sometido a información pública no mes de xullo durante un período de 15 días
  • A zona de pesca é a comprendida entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Pontenafonso e o período de captura irá dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 31 de outubro
  • As cotas de captura diarias son 15 quilos e a dimensión mínima das anguías será de 20 cm, especies que se deberán comercializar na lonxa mediante poxa pública

[[posterous-content:CCiBGqeliIuIdbgxGija]]
O esteiro do Tambre é un lugar protexido polas súas características medioambientais


Noia, 3 de setembro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Tambre para o ano 2012.

Este plan para a pesca profesional da anguía na conca deste río, concretamente na súa desembocadura, foi solicitado pola Confraría de Pescadores de San Bartolomé do Concello de Noia. No mes de xullo a Xunta someteu a información pública este plan durante un período de 15 días.

A arte de pesca que se empregará é de nasa tipo butrón con rede de malla non inferior a 14 milímetros, medidos en diagonal e molladas. A zona obxecto das capturas é a comprendida entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Pontenafonso.

Cómpre indicar que o período de pesca irá dende o día seguinte ao de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o 31 de outubro. Os labores de pesca suspenderanse desde as 12.00 horas dos sábados ata as 12.00 horas dos luns, con carácter xeral. O número máximo previsto de días de actividade ao longo da temporada será de 45.

O número de artes de pesca que se empregarán non poderá ser superior a dez por tripulante e ninguén poderá facerse cargo das artes asignadas a outro pescador. As cotas de captura diarias son 15 quilos e a dimensión mínima das anguías será de 20 cm. Só se autoriza a captura da anguía na fase do seu ciclo vital denominada anguía amarela e deberanse devolver á auga, inmediatamente despois da súa captura, todos os exemplares con signos externos propios da fase denominada anguía prateada.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza lembra que as capturas comercializaranse na lonxa mediante sistema de poxa pública.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

31.8.12

Dodro: Bases do XXV Premio Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

  • O prazo para presentar poemarios remata o 6 de novembro

Dodro, 31 de agosto de 2012. Dende o Concello de Dodro e con motivo da próxima celebración do “XXV PREMIO DE POESIA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN 2012”, adxuntan as bases da convocatoria de dito Premio, co fin de que se lle dea a maior difusión posible.





Concelleira de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo


Cristina Codesido


Dodro diptico 10x21 poesia.pdf Download this file

Dodro_premio_baleirn

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical