Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
24.12.09
Rianxo: concertos de Nadal coa Escola de Música
Nenos/as da Escola de Música de Rianxo
Domingo 27 de decembro ás 12h30
Auditorio de Rianxo
CONCERTO DE ANINOVO:
Banda da Escola de Música de Rianxo e
Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro
Director Convidado: X. Carlos Seráns
Sábado 2 de xaneiro ás 20h30
Auditorio de Rianxo
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: o sábado 2 de xaneiro preséntase a asociación Flor de Toxo cun concerto
O día 2 de xaneiro preséntase en sociedade a Asociación Cultural, Deportiva e Prestadora de Servizos á Xuventude "Flor de Toxo".
Para a estrea organizarase un concerto con grupos locais. A actividade musical dará comezo a partires das 21 horas e terá lugar baixo unha carpa fronte ao auditorio municipal. Actuarán Los Krasta, Pirufláuticos, 8 Ferrados, Tresu Mc e Ribeira Enferma. Ao remate haberá unha sesión de micro libre para todos aqueles rapeiros que queiran achegarse a deleitar aos asistentes coas súas rimas. Esta entidade sen ánimo de lucro, Flor de Toxo, pretende crear un conxunto de actividades de interese para a poboación ribeirense. A xunta directiva está formada por xente moi xoven pero que confesa ten "moitas gañas de traballar" e pídelles á sociedade da Centenaria e arredores que os "acolla cos brazos abertos e colabore con nós".Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Opinión: o padre Teixugo clama na súa terceira homilía contra as desfeitas en Deán Grande
E mándanos unhas fermosas imaxes da Pedra das Cabras, un dos petróglifos máis espectaculares de Barbanza. Léano en
http://certo.es/index.php?page=capitulo_iii
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
23.12.09
Medios: sumámonos á preocupación do Colexio de Xornalistas por esta incrible sentenza
SENTENZA CONTRA DANIEL ANIDO E RODOLFO IRAGO, COLEXIADO DO CPXG
O Colexio de Xornalistas expresa a súa fonda preocupación pola sentencia contra periodistas da SER e solidarízase cos afectados
[23/12/2009] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) expresa a súa fonda preocupación polos argumentos empregados polo titular do xulgado do penal nº 16 de Madrid para condear ó director da SER, Daniel Anido, e ó director de informativos, Rodolfo Irago, por "revelación de segredos".
Esta Xunta de Goberno chama a atención sobre o feito de que o xuíz sinale na súa sentencia que "la protección constitucional al derecho a la información se refiere a los medios de comunicación social (televisión, radio o prensa escrita), pero debe matizarse, que Internet, no es un medio de comunicación social en sentido estricto, sino universal".Para este colexio profesional, Internet convertiuse nun medio de comunicación máis no que tamén debe prevalecer o dereito dos cidadáns a recibiren información veraz e plural, tal e como establece a Constitución, especialmente ao tratarse, neste caso, da páxina web dun medio de comunicación. O CPXG tampouco atopa explicación a esa diferenciación entre medio de comunicación social e medio de comunicación universal. Aínda que a houbese, descoñecemos por que o segundo non debería estar protexido do mesmo xeito có primeiro.
A Xunta de Goberno do CPXG defende abertamente o dereito dos dous xornalistas a non revelaren as súas fontes. A súa negativa a facelo non implica necesariamente que a información fose obtida por mecanismos ilexítimos. Aínda que así fose, habería que demostralo.
Por último, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa solidariedade cos galegos Daniel Anido e Rodolfo Irago, quen tamén é colexiado do CPXG, e ponse á súa disposición para facer valer os seus dereitos, que son os do conxunto da profesión xornalística.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de GaliciaDocumentos
- Comunicado do CPXG en castelán (pdf, 49,55 kb)
Outras novas
[23/12/2009] No período comprendido entre o 28 de decembro ata o 8 de xaneiro, ambos os dous...-->A CE critica que maioría de países, incluído España, non adopten aínda novas normas para servizos audiovisuais [22/12/2009] [22/12/2009] A Comisión Europea reprendeu hoxe á maior parte de Estados membros, entre eles...-->Presentada ante a autoridade laboral o acta de acordo no ERE de GPS [22/12/2009] [22/12/2009] A dirección da empresa GPS presentou hoxe ante a Dirección Xeral de Traballo e Muller...-->Google Books: a favor ou en contra? [15/09/2009] [15/09/2009] A polémica sobre o xigante de Internet chega á UE, cuxa Comisión...-->Xornalistas testemuñas da morte de Couso condenan o arquivo do caso [27/07/2009] [27/07/2009] Vinte e dous xornalistas de varios países, sobre todo españois, que estaban no Hotel...-->
Ante os ataques do executivo á liberdade en Internet no último mes, que agora o faga o poder xudicial a algúns xa non nos colle de sorpresa... Cousas veredes, amigo Sancho.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Porto do Son: os comuneiros de San Pedro de Muro felicitan as Festas
|
"Val máis unha terra con árbores nos montes que un estado con ouro nos bancos". Alfonso Daniel Rodríguez Castelao A Xunta Reitora Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro |
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Dodro: a recuperación dos xogos tradicionais, nunha publicación
Curiosidades:
1.- Na páxina 10, alguén foi a Noia e non trouxo nada2.- Na páxina 20, "gordo lo tengo, más lo quisiera, que entre las piernas no me cupiera" non semella galego. E tampouco unha adiviña para nenos precisamente... 3.- Na páxina 23: a adiviña linda coa escatoloxía! Vaia rima lle sacaron a diñeiro...4.- Páxinas 43-44-45: os xogos das lombas noutros lugares desta bisbarra tiñan o nome de "Ovo, pico, araña". Nunca escoitáramos o de "Os Peidos". 5.- Páxina 61: encantounos o dos estalos ou estalotes. Mentres a Digitalis só se empregue para iso, vai ben o asunto.Unha iniciativa que é para louvar, aínda que se detecte unha castelanización de moitas das adiviñas, que imaxinamos froito de 40 anos de ditadura dun tipo de Ferrol que renegou do arado e da lingua propia. Agora o paso seguinte debería ser que os nenos de Dodro lle aprendan a xogar á Nintendo Wii, ou á PlayStation, aos seus avós. A chatear por Internet xa nos consta que están aprendendo rápido.Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia













