24.12.09

Ribeira: o sábado 2 de xaneiro preséntase a asociación Flor de Toxo cun concerto

O día 2 de xaneiro preséntase en sociedade a Asociación Cultural, Deportiva e Prestadora de Servizos á Xuventude "Flor de Toxo".

Para a estrea organizarase un concerto con grupos locais. A actividade musical dará comezo a partires das 21 horas e  terá lugar baixo unha carpa fronte ao auditorio municipal.

Actuarán Los Krasta, Pirufláuticos, 8 Ferrados, Tresu Mc e Ribeira Enferma.

Ao remate haberá unha sesión de micro libre para todos aqueles rapeiros que queiran achegarse a deleitar aos asistentes coas súas rimas.

 Esta entidade sen ánimo de lucro, Flor de Toxo, pretende crear un conxunto de actividades de interese para a poboación ribeirense. A xunta directiva está formada por xente moi xoven pero que confesa ten "moitas gañas de traballar" e pídelles á sociedade da Centenaria e arredores que os "acolla cos brazos abertos e colabore con nós".

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical