Un vídeo subido por Xanma1987
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Un vídeo subido por Xanma1987
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Unha nova andanada de Xurxo Ayán ás últimas novas do Centro Arqueolóxico da Barbanza, en "Chiringuito en obras": http://neixon.blogspot.com/2010/02/chiringuito-en-obras.html
O último párrafo lembrounos a Bécquer, a quen temos que parafrasear:
"Quen é un cacique? dis mentres cravas
na miña pupila a túa pregunta azul.
Que é un cacique? E ti mo preguntas?
Cacique... son eu"
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Escribe: "Estamos en Carnaval y aprovechando la bula que tenemos en esta época, toca hacer un poco de escarnio de nuestros políticos ya que ellos también lo hacen un poco del pueblo, o si no, vean lo que llevan sufriendo desde hace años los vecinos de nuestro alcalde, en Xuño.
Menos mal que como pueden comprobar en el enlace de arriba, hace más de cinco años prometieron terminarsela. Ah no, es verdad, fue culpa de Manuel Tomé y su equipo de gobierno.
Si relacionamos un poco la carta de hoy del señor Pastor acusando a la Xunta de no invertir en Porto do Son, ¿por qué se calla cuando quien no invierte es la Diputación del otro bipartito".
Pero o sábado 13 xa lle atizara un pouco máis: http://fonforron.blogspot.com/2010/02/no-es-carnavalada.html
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O que remata en abrecervexas tamén semella moi útil para estes mesteres... Cóidense! Non beban! (polo menos o noso)
Máis cintos para epatar: http://reflectionof.me/creative-belts
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O Concurso de Declaracións de Amor convocado polo Clube da Lingua e a Biblioteca xa ten gañadores, que recibiron cadanseu premio durante o festival de Entroido que se celebrou onte no instituto. Presentáronse máis de medio cento de declaracións nas modalidades de texto e de SMS e 2º e 3º da ESO foron os cursos máis activos e os maiores non se animaron nadiña. Quedou deserta a modalidade de Videodeclaracións. Vese que enfrontarse ás cámaras ten un aquel especial (cando menos a algúns porque a outros non tanto) aínda que a algunhas rapazas só lles faltou un pequeno empurrón.
Nos próximos días iremos publicando as mellores declaracións. Comezamos coas gañadoras:
1º PREMIO SMS:
Faim 1 favor nn volvas a chamar, nin mandes sms, borra o meu nº, de verdad o sinto, pro o meu dentista dixom que me alonxara das cousas tan doces coma ti
Kameán (Juan Rodríguez Brión, 2º A)
2º PREMIO TEXTO:
Amor de parvulario
Ódiote, ódiote tanto que non te quero ver.
Ódiote, ódiote tanto que che teño envexa.
Gústasme, gústasme tanto que te temo.
Séguesme gustando, e cada vez máis.
Quérote, quérote tanto, que o daría todo por ti.
O Dedos (Álvaro Fernández Carnota, 3º C)
1º PREMIO TEXTO:
Cando durmía
soñaba un mundo de fantasía,
no que ti me querías, no que eu te quería,
no que ti eras a luz do meu mundo negro,
no que ti eras as miñas ganas de seguir vivindo,
no que ti eras o meu consolo.
Pero cando espertei pensei que seguía soñando, e deime
conta –outra vez- de que ti nin sequera sabías que existía.
453 (José Vidal Ageitos, 2º B)
Parabéns aos premiados...
Aquí a xente do equipo quedou coa mosca detrás da orella co alcume "O dedos" (segundo premio). Cousas nosas!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Entroido en Dodro: programa do martes 17
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia