16.7.12

Natureza: crónica das protestas en Santiago polo exterminio de híbridos promovido pola Xunta

Barbanza-Santiago, 16 de xullo de 2012. O sábado 14 e o domingo 15 en Vox Ánima (Asociación en Defensa dos Animais) realizaron una marcha a pé desde Ribeira a Santiago coa fin de protestar contra a campaña de exterminio do lobo híbrido que a Xunta de Galicia iniciou en marzo deste ano para, segundo eles, protexer a “pureza do lobo galego” e que está a provocar a matanza indiscriminada de diferentes animais, incluido o lobo mesmo que disque intentan preservar.

Iniciaron aa marcha o sábado 14 ás 09.00 horas un grupo de sete persoas, en representación de varios colectivos que, como Vox Ánima, protestan contra esta campaña da Xunta. Durante o percorrido producíronse numerosas mostras de solidariedade por parte dos coches que pasaban e da xente que atopaban, os cales, de xeito espontáneo, irrumpían en aplausos.

O mesmo sábado 14 chegaron a Padrón ás 21.00 horas. Tanto a Garda Civil de Ribeira, como a de Boiro e Rianxo, en todo momento estiveron en contacto con eles e lles facilitaron a camiñata. Xa o domingo 15 partiron de Padrón ás 11.00 horas, chegando á Praza do Obradoiro (Santiago) ás 18.30 horas, onde estaba convocada unha Concentración de Protesta á que acudiron preto dun cento de persoas.

No que atinxe á consigna principal, ésta foi “Non á matanza no Barbanza” e berráronse outras como: “Derechos ya para los animales” ou “García Borregón, dimisión”. Doce dos concentrados portaban unha cruz por cada un dos animais mortos de que se ten constancia durante estes últimos meses na Serra do Barbanza.

A secretaria de Vox Ánima, Mónica Pérez, citou  as principais razóns polas que esta asociación convocou esta marcha-concentración (resistencia por parte de la Xunta de Galicia a facilitar información de interese público, non actuar de forma contundente ante as numerosas evidencias ilegais que están sucedendo nos nosos montes e o escurantismo xeral con que se trata este tema dende a Dirección Xeral para a Proteción da Natureza xunto ao feito de que esta Dirección parece agochar determinados intereses, incidindo ademais en que a preocupación desta asociación animalista non se limita a reclamar o dereito a vivir do  lobo como especie, senón de todos os animais que están sendo víctimas desta terrible campaña).

A continuación, o presidente de “Matar por matar, Non”, Julio Fernández, fixo un resumo dos intereses que parecen ocultarse nas medidas promovidas pola Xunta, como a posible introdución de gando bovino na Serra, o que sería totalmente incompatible coa presencia de cánidos. Finalmente procedeuse á lectura dun Manifesto escrito por Julio Ortega.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Avanse projrama dorneiro

Ante as petisións "espontáneas e ostentóreas" dos nosos máis fieis lectores...

> "Precalentamiento"
> Martes 17
> As 23:00 Concierto de "The Covers" na "Caseira"
>  
> Miercoles 18
> As 23:00 Concierto de "Litrisistas" na "Caseira"
>  
> Jueves 19
> As 23:00 Concierto de "Recambios Tucho" no "Capitan Morgan"
> As 22:30 Concierto de "Caras B" na "Abuela Gloria". Concierto no "Bretema"
>
> "Empesa a Festa da Dorna"
> Viernes 20
> As 12:00 Facho Dorneiro con salida dende o Poli de Coroso
> As 15:00 Enjalanamento de Fanequeiras
> As 20:00 Maratason Dorneiro 
> As 23:00 Jran Juateque Dorneiro
>  
> Sabado 21
> As 16:00 Xojos Pupulares de Terra "En Coroso"
> As 22:00 Setamen Itinerante da Cansion de Tasca
> As 00:30 Final da Cansion de Tasca no "Atrio da Ijlesia Catolica Apostolica y Romana de Santa Uxia de Ribeira"
>  
> Dominco 22
> As 16:30 Exposision de Carrilanas 
> As 17:30 Jran Prix de Carrilanas
> As 20:30 Rock&Dorna do Pais "En Bandaourrio" 
>  
> Luns 23
> As 16:00 Xojos de Mar no Malecón
> As 20:00 Jran Premio Icaro de Voon sin Motor
> As 22:00 Examen de Patrons
> As 00:00 Concierto de "Prestados"
> A  01:00 Concierto de "Skarallaos"
>  
> Martes 24
> As 12:00 Exposicion de Embarcasions
> As 13:00 Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Prupulsión a Pan de Millo. Jran Premio Cutre Sark
> As 15:00 Romeria Dorneira
> As 15:30 Xojos Dorneiros e Campionato Mundial de Chinchimonei
> As 17:00 Ji-Jo
> As 20:00 Top Secret
> As 22:00 Rock&Dorna cos jrupos "Terbutalina" "Desalojo" e "Porretas"
>  
> Sabado 28
> As 23:00 Baile de Jala no "Circulo Mercantil" amenizado polo duo "Yesterday"

Todo isto é un borrador en castrapo da casa. En breve, o projrama "de jala".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.7.12

Ribeira: doan unha medalla da prata das Heroínas de Sálvora ao museo municipal

  •  A medalla foille concedida a Josefa Parada Crujeiras e a doazón fíxoa seu neto, José Parada, que emigrou a Estados Unidos
  • Anunciouse hoxe que en 2013 a sala museo acubillará unha mostra adicada ao naufraxio do vapor Santa Isabel e que se fará un monumento conmemorativo ás catro heroínas de Aguiño

 

Ribeira, 13 de xullo de 2012.- Os fondos da Sala Museo Municipal contan dende hoxe cunha peza de valor extraordinario que fai referencia unha das maiores traxedias marítimas producidas na historia de Galicia: nin máis nin menos que a medalla de prata concedida por parte da Cámara de Comercio de Pontevedra a unha das catro heroínas de Sálvora, Josefa Parada Crujeiras, quen, encarando as condicións terribles da noite do 1 ao 2 de xaneiro de 1921, tivo o arroxo de saír coa súa dorna para rescatar ás vítimas que puideron salvar a vida no naufraxio do vapor Santa Isabel.

 

Foi un neto da citada heroína, José Parada Sieira, o que tivo a deferencia de doar de forma altruísta esta medalla á instalación municipal. A condecoración foi recibida polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, na sección do museo municipal onde se exhibe outra peza alusiva á traxedia do Santa Isabel: a dunha campá pertencente á embarcación.

 

Conversacións de sobremesa

José Parada, veciño afincado en EEUU, relatou os detalles do naufraxio tal e como lle foron contados nas moitas conversacións de sobremesa que escoitou no seu fogar. Así, explicou que o buque embarrancou na peor zona da illa, onde as ondas rompían con moita intensidade, e se referiu ao descoñecemento do terreo pola maior parte da tripulación como outra das causas de que morresen máis de duascentas persoas.

 

Non obstante, durante a súa intervención aludiu á actuación de persoas como Salvador Santos, natural de Palmeira e contramestre do barco, quen foi quen de evitar que o bote no que ía xunto con outros náufragos se estrelase nas pedras, o que posibilitou a chegada da dorna coas heroínas.

 

Ruiz Rivas agradeceu esta doazón e amosou a satisfacción do Concello de poder exhibir unha das medallas coas que se distinguiron ás catro heroínas, que marcou un fito na historia do municipio e que fai que este pobo se sinta orgulloso do seu pasado. Así mesmo, o alcalde anunciou que no que queda de lexislatura vaise instalar un monumento dedicado ás heroínas de Sálvora, probablemente na parroquia de Aguiño

 

Por outra banda, a directora do museo, Pilar Casas, adiantou que se está a preparar unha exposición para o ano 2013 que abordará a historia do barco vapor Santa Isabel, desde a súa construción nos asteleiros de Matagorda, Puerto Real (Cádiz) ata o seu afundimento en Sálvora, mostrando imaxes e pezas que non se viron ata o momento, como é o caso dos planos que recollen as sucesivas etapas de construción do buque ás que Pilar casas puido acceder na localidade gaditana. A concepción da mostra conta co asesoramento do historiador José María Fernández Pazos, autor dun libro sobre a traxedia.

 

Mostra permanente

Sobre este tenor, o alcalde expresou o seu desexo de que esta exposición temporal que vai ter lugar en 2013 na sala museo se poda mudar posteriormente en permanente, de tal xeito que teña a súa sede precisamente na illa de Sálvora.

 

O alcalde manifestou a este respecto que está a efectuar xestións con outras Administracións para ver a posibilidade de que no pazo ou na fábrica de salazón poida ter cabida dita mostra permanente e que Sálvora sexa “un lugar visitable e visitado”.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: queixas polo prezo dos amarres nos novos pantaláns

  • Os nacionalistas piden que se discrimine positivamente aos que son de Muros


Muros, 13 de xullo de 2012. Segundo explican hoxe en nota de prensa, os concelleiros nacionalistas de Muros súmanse ao malestar e preocupación xerados no pobo polos prezos dos novos puntos de atraque "e esiximos que as autoridades competentes tomen as medidas oportunas para que as embarcacións “do noso concello” dispoñan duns prezos razoables".

Para os nacionalistas non adscritos de Muros, "a xente do mar do noso pobo veu amarrando dende tempos inmemoriais na dársena interior do porto, e xa a anterior actuación de Portos de Galicia dotando de pantaláns a esta dársena supuxo un custo considerable para os usuarios dado o baixo poder adquisitivo da maioría dos propietarios das embarcacións. Topámonos con que a día de hoxe hai numerosos propietarios de embarcacións que están sen amarre e están agardando que se abran as listas de espera ou que corran as solicitudes xa feitas con anterioridade para esta dársena interior".

Con esta situación na dársena interior, Portos de Galicia reordena e amplía os pantaláns na dársena intermedia, pantalán que pasan a ser xestionados mediante unha concesión por unha empresa privada cunhas tarifas "totalmente inasumibles pola práctica totalidade das nosas xentes, o que vai imposibilitar a contratación da inmensa maioría dos propietarios das embarcacións do noso porto, véndose obrigados a amarrar as embarcacións en lugares pouco axeitados e seguros, co correspondente perigo que isto supón para estas persoas na súa maioría xubilados do mar. Incluso se teme pola situación destes pantaláns da dársena interior, ata o de agora xestionados por Portos de Galicia que de algunha forma podan verse tamén afectados no caso de pasar a ser xestionados pola empresa concesionaria", argumentan.

117 euros ao mes

Para os nacionalistas está claro que "é bo e necesrio para o pobo fomentar e facilitar o acceso de visitantes cun certo nivel económico, o que non é de recibo é que habendo prazas vacantes e a un prezo razoable na dársena interior, as embarcacións de Muros se vexan obrigadas a pagar un amarre nos novos pantaláns cuns elevados prezos (117 €/mes as embarcacións máis pequenas) ou marchar do porto de Muros".




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: arranxados os asolagamentos en Cubelo

Nas imaxes, o antes e o agora de Cubelo
 

Ribeira, 13 de xullo de 2012.- O Concello informa do remate da actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais e pavimentación no lugar de Cubelo, pertencente á parroquia de Carreira xusto a carón do CEIP Frións.

Os camiños que compoñen a zona en cuestión carecían de rede de pluviais e non estaban pavimentados, razón pola cal cando chovía acumulaban unha gran cantidade de auga, provocando en ocasións problemas de circulación aos vehículos e molestias aos peóns.

Co fin de poñer remedio a estas incidencias decidiuse acometer unha actuación consistente en primeiro lugar na instalación dunha rede de pluviais que permitise recoller e canalizar a auga que circulaban pola zona. A tal efecto, instaláronse dúas tubaxes de 145 e 113 metros de lonxitude, cuns diámetros de 315 e 240 milímetros respectivamente. Ambas están feitas de PVC corrugado. Tamén se dispuxeron 11 arquetas sumidoiro, 6 acometidas de pluviais e 9 pozos con profundidades de ata 1,70 metros. Doutra banda, pavimentáronse os camiños cunha mestura de bituminosa en quente e as zonas verdes colindantes foron desbrozadas.

A empresa Eulogio Viñal foi a encargada de acometer a actuación, que ía con cargo ao canon derivado da adxudicación do servizo de saneamento e tivo un orzamento de 45.730,40 euros.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: máis de 300.000 euros para ampliar a lonxa en 60 metros cadrados máis

  • A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe o concello de A Pobra para explicar as obras de remodelación

A Pobra, 13 de xullo de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar reformará a lonxa da Pobra do Caramiñal, tal e como avanzou a propia conselleira, Rosa Quintana. A titular de Medio Rural e do Mar, acompañada do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou hoxe o concello de A Pobra do Caramiñal para explicar en que consistirán as obras de remodelación, que suporán un investimento estimado duns 326.000 euros.

Segundo explicou a conselleira, as obras consistirán principalmente na ampliación da actual lonxa, de forma que o edificio administrativo pasará a ter máis de 60 m² a maiores entre os dous andares, dando reposta así a unha vella demanda do sector. Esta ampliación suporá unha mellora da capacidade e da operatividade das instalacións para adecuarse ás necesidades dos usuarios.

A remodelación incluirá tamén a substitución da chapa da cuberta da nave por unha nova, de semellantes características en acabado gris escuro ou metalizado. No que respecta á fachada, esta será tratada tamén con diversos materiais e revestimentos que mellorarán as súas condicións de illamento térmico.

Portos de Galicia revisará tamén as instalacións da nave por completo, isto é, a instalación eléctrica e o alumeado, a canaleta central de saneamento ou as instalacións de protección contra incendios. O ente público colocará unha nova impermeabilización sobre o edificio administrativo para evitar problemas de humidades.

Ademais, están previstas actuacións no exterior de cara a mellorar o entorno inmediato. Así, empregaranse pavimentos de baixo deslizamento, construiranse accesos para as persoas de mobilidade reducida e repararase unha bomba de auga salgada para a súa posta en funcionamento. O proxecto construtivo estará rematado nun prazo aproximado dun mes.

Antes, no mesmo concello:


A Pobra: novo escándalo do goberno do PP ao levar a menores enganados a unha reinauguración




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Turismo: Barbanza, Noia e Muros quedan fóra do ránking turístico de Galicia

INT-exclusión comarca topten turístico Galicia-xullo 2012.pdf---.pdf Download this file

  • Así o denuncia o parlamentario socialista José Manuel Lage Tuñas, que esixe explicacións á Xunta por esta discriminación
  • O socialista cre "inxusto" que o Goberno Feijóo "exclúa espazos tan importantes como o Castro de Baroña no Son, as dunas de Corrubedo en Ribeira, a igrexa de Santa María a Nova coas súas laudas en Noia o o Monte Louro en Muros"


A Lauda gremial dos Canteiros que se pode ollar ata decembro na Cidade da Cultura de Santiago

Barbanza-Noia/Muros, 13 de xullo de 2012. O deputado e Portavoz da área Institucional do Grupo Socialista; José Manuel Lage, rexistrou hoxe unha interpelación no Parlamento de Galicia “para pedirlle á Xunta de Galicia que explique os criterios que seguiu para definir o top ten dos destinos turísticos de Galicia”.

O deputado noiés do PSdeG-PSOE pídelle explicacións á Xunta “pola exclusión do citado ránking turístico de espacios tan emblemáticos como o Castro de Baroña (Porto do Son), as Dunas de Corrubedo (Ribeira), Santa María a Nova e as laudas gremiais (Noia) ou Monte Louro (Muros)”.


“Non se trata de desmerecer aos que cita a Xunta pero deben dar unha explicación de que criterios seguiron para facer a citada clasificación, xa que non é moi entendible que espacios tan singulares e de tan alto valor turístico e cultural como o Castro de Baroña (Porto do Son), as Dunas de Corrubedo (Ribeira), Santa María a Nova e as laudas gremiais (Noia) ou Monte Louro (Muros) fora excluidos”.


“As Dunas de Corrubedo reciben máis de catrocentas mil visitas anuais e o Castro de Baroña seguramente sexa o espacio máis singular e único dentro do noso País, e sinceramente é difícil atopar xustificación á exclusión que fai a Xunta no denominado “top ten” dos destinos turísticos de Galicia”, explica Lage Tuñas. “Por iso queremos coñecer os criterios que seguiu o goberno de Feijóo para definir o citado ránking e que indicadores seguiron para medir o valor dos espazos naturais”.

A xuízo do deputado socialista “é imprescindible que o goberno que preside Feijóo se explique e diga que criterios seguiron para excluir as comarcas do Barbanza, Noia e Muros e a espazos tan singulares como os xa citados”.

Os socialistas galegos demandan transparencia para coñecer que indicadores se seguiron para definir o citado ránking turístico xa que é sorprendente a exclusión dalgúns dos espacios de alto valor turístico e cultural que son máis visitados en Galicia.

Pode que tamén lle interese:


Laudas: a dos Canteiros pódese ver na Cidade da Cultura ata decembro


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.7.12

A Pobra: levan ao Congreso dos Deputados a rexeneración medioambiental das Xunqueiras

09.07.12.-INICIATIVA BNG CONGRESO ANUNCIO PP 1 MILLÓN EUROS REXENERACIÓN XUNQUEIRAS.pdf Download this file

  • Ante a pasividade do goberno local en máis dunha década


 
A Pobra, 12 de xullo de 2012. Segundo explicou hoxe en rolda de prensa o Bng da Pobra, "nos últimos anos foron moitas as ocasións nas que o BNG acudiu ao entorno das Xunqueiras para denunciar (denuncias escritas ao SEPRONA, a Costas, ao Concello, a Medio Ambiente), nuns casos verteduras, noutros acumulación de entullos da construción mesmo con autorización do Goberno Local do PP, e noutros a degradación progresiva que sufre esa zona sin que o Goberno Municipal do PP teña feito nada ao respecto en 13 anos de mandato. Moi ao contrario, diante das distintas denuncias do BNG, o alcalde sempre saíu con escusas “de mal pagador”, facendo anuncios que logo nunca se cumpriron, ou mesmo tachándonos de mintireiros".

U-lo millón de euros para esa zona?

 
No día de hoxe, o Bng estivo tamén nas Xunqueiras para pedir aclaracións ao anuncio feito polo Partido Popular da comarca sobre un investimento nesta zona dun millón de euros. "É curioso, pero o BNG comprobou que nos Orzamentos Xerais do Estado para este ano non existe ningunha partida orzamentaria adicada a esta actuación tan necesaria. Non só iso, senón que o BNG presentou como emenda a eses Orzamentos que se execute a partida que, froito da negociación co Goberno no ano 2009, conseguimos por un importe de 500.000 euros, e o Goberno do sr. Rajoy, do Partido Popular, rexeitouna".
 
Os nacionalistas están preocupados porque "máis outra vez, o Partido Popular está a xogar cun tema verdadeiramente sensíbel para toda a cidadanía da Pobra e solicitamos que nolo aclaren, a nós a todo o pobo".
 
Antes, en Certo:


Xunqueiras: o Bng denuncia os entullos sen controlar na zona


Montan unha web ambiental para aparentar namentres o río Morto segue con verteduras



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Duendesico montou o espectáculo na praza do Concello

Ribeira.- 12 de xullo de 2012.- Decenas de meniños e meniñas disfrutaron este mediodía co espectáculo de monicreques ofrecido na praza do Concello por Duendesico Teatro.

A compañía coruñesa escenificou a función “A profesora Tomasa e a Alimentación Sana-Xá”, que tamén espertou o interese de moitos maiores que non se quixeron perder a actuación na compaña dos seus pequenos.

A actividade está adscrita dentro da programación Monicreques Empreza-2 que ofrece dende o pasado mes a Concellería de Cultura.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: acordan poñer 36 puntos de luz de baixo consumo en Abesadas

Ribeira, 12 de xullo de 2012.- O Concello segue coas melloras en Abesadas, barrio de recente creación situado no casco urbano da cidade de Santa Uxía. Esta vez, a nova actuación contemplada incidirá no fortalecemento do seu sistema de iluminación pública por medio da instalación de 25 novos puntos de luz e a substitución de 11 lámpadas xa existentes por outras máis modernas e de baixo consumo.

Á hora de tomar esta decisión, o Executivo foi consciente de que algunhas zonas do barrio (como é o caso das rúas Carlos Casares e Xohana Torres ou do propio parque de Abesadas) adoecen dunha iliminación insuficiente e escaseza de luminarias. Por este motivo, decidiuse emprender unha actuación que hoxe mesmo foi adxudicada en comisión de goberno. A acción recaeu na empresa Electro Vidal por un importe superior aos 55.000 euros. Está previsto que as obras comecen a próxima semana. Cada un dos 36 puntos de luz que se van instalar están formados por lámpadas de baixo consumo de 70 watios. As luminarias que se coloquen estarán dotadas de difusor antivandálico fabricado en policarbonato e posuirán unha elevada resistencia á oxidación, raios UVA, solucións salinas, etc...

Proxectores no parque

Hai que destacar tamén a instalación no interior do parque (que ten unha superficie superior aos 2.540 metros cadrados) de oito proxectores a maiores das lámpadas que se van implantar. Estes proxectores estarán situados sobre catro columnas galvanizadas de sete metros de altura e cruceta de dous brazos. Esta nova actuación vénse a sumar a outras accións efectuadas nos últimos meses co obxectivo de mellorar un barrio con crecente actividade comercial e notable presenza escolar.

Entre esas accións realizadas, hai que recordar a creación dunha pista multideporte detrás da Casa da Xuventude (de nome ‘Irmáns Parada Alvite’), a construción dunha travesía peonil entre esta instalación municipal e o colexio Galaxia ou a recente reordenación do tráfico para gañar en fluidez e seguridade viaria.


Abesadas: xa hai novo trazado viario. Ollo!





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical