16.2.08

Dúbidas sexuais en Riveira

O Servizo terá dúas modalidades:
 1. A distancia: No que se dará información on-line sobre Educación Sexual, a través da páxina web do Concello, semanalmente a partir do 1 de marzo

2. Presencial: Atención personalizada, na que ademáis da Educación Sexual se fará Terapia sexolóxica, dous días ó mes. Ambas modalidades de consulta son gratuitas e totalmente confidenciais.

O Servizo solicitará ó usuario/a uns datos que nos axudarán a respostar mellor as preguntas, tales como sexo, idade, estudios, cómo coñeceron o servizo, etc.

Serán atendidas por unha psicóloga profesional da sexología, educación sexual e asesoramento sexual, que cumple cos criterios de profesionalidade que se estipulan no Código Deontológico de Sexología.

E Vai dirixido tanto a xóvenes, adultos coma maiores, a nivel individual ou de parella.

 O Servizo comenzará o próximo mes de marzo. E o día 13 dese mes haberá unha charla aberta a todo o público interesado a cargo dunha sexóloga profesional.Para máis información sobre o Servizo poderán chamar ou acercarse ó Centro de Información á muller do Concello.Telf: 981 87 41 31 / 981 87 34 09correo: cim@riveira.comdirección: Rúa de Correos nº 5 (de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 h)
Concello de Riveira


Ten que comezar en marzo. Xa se sabe o que pasa en primavera, que o sangue...

Blogged with Flock

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical