5.5.08
O maio
Vía Breixo Pazos
E vía Capítulo 0 e CulturaGalega.org
"Manuel Murguía e Alfredo Vicente, máis tarde Xosé Filgueira Valverde, Emilio de Gregorio e Clodio González Pérez estudaron a orixe e as diferentes manifestacións populares dos maios en toda Galicia. Por iso, documentan moitas variacións hoxe completamente perdidas. É o caso das "maias", grupos de neniñas que canta, bailan e piden cunha compensacio a cambio (dábase en localidades como Betanzos ou Ferrol). Houbo un tempo no que se ergueron árbores de maio, unha tradición que consistía en cortar unha árbore do contorno e logo espetala no centro da aldea ou vila, como trunfo da vexetación. E tamén se perdeu a celebración da Santa Cruz o tres de maio, unha festa de carácter relixioso."
O Maio
Ahí ven o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.
¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez
Ahí ven o maio. Canción de Luis Emilio Batallán. Preme aquí
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario