29.11.09

Ribeira: Aguiño entregou os premios do certame literario e clausurou a mostra de teatro

  As imaxes corresponden á entrega de premios do Certame Literario "Francisco Lorenzo Mariño" e á Clausura da I Mostra de Teatro que tiveron lugar en Aguiño, o pasado sábado 28 de novembro ás 20:30 h dentro dos actos conmemorativos do 50 Aniversario da Parroquia que organiza a asociacion Francisco Lorenzo Mariño.
 
Ao acto asistiron máis de 150 personas de todas as idades, entre elas, todos os premiados no Certame que recibiron ademáis dos diplomas, lotes de libros, lotes de material didáctico, premios en metálico..., a publicación que se fixo con esta ocasión e que contén os dez traballos premiados dos 62 presentados, e que tamén se presentou neste acto.
 
Tamén tivo lugar, previamente, a representación da última representación da Mostra de Teatro, nesta ocasión, a cargo de Victor Vez e o grupo Candelexas de Noia, que representaron "A sombra do Tenorio". No transcurso da función tamén se sorteou un lacón con grelos, gratuitamente, entre o público asistente.
 
O libro, publicado con motivo do certame, conta con 40 páxinas e editouno a asociación "Francisco Lorenzo Mariño" coa colaboración de Publicolor Serigrafía, a área de Cultura e Festexos de Riveira, a Deputación e a Xunta de Galicia. Vendeuse a 1,50 € exemplar, aínda que tamén foi agasallado a todos os participantes no certame.
 
Tamén se entregaron diplomas de participación a todos os nenos/as participantes no Certame.
 
Ao final do acto serviuse un viño galego.
 
Unai González, presidente da asociación organizadora, agradece "a colaboración das entidades para o Certame, a participación na Mostra de Teatro dos veciños/as de Aguiño e xente chegada doutros lugares, e anunciamos que durante o mes de decembro terá lugar a presentación oficial do libro "Aguiño, 50 anos de Parroquia. A historia e a memoria dun pobo mariñeiro", trátase dun volume de máis de 300 páxinas a toda cor e edición de luxo onde se fai un percorrido pola historia, o patrimonio, a etnografía, a educación, a parroquia, o mar, o tecido social e económico, etc, do noso pobo ao longo da súa historia; sen dúbida unha publicación que resulta o mellor homenaxe ao pobo de Aguiño con motivo deste 50 aniversario da fundación da súa Parroquia como pobo e comunidade".

   Neste libro colaboraron autores tan destacados como José Antonio Otero Sobrido, Víctor Barbeito, Mª Luisa López, Ramiro Villoch, EROLO, Andrés Torres Queiruga, Rubén Aramburu, Ricardo Pérez Queiruga, XM Vilas Álvarez, Manuel Crujeiras, Ventoso Mariño, Plácido Betanzos, Ciprián Rivas, Victorino Pérez, Chao Rego, Xabi Blanco, Díaz Raña, Dourado Deira e foi coordinado por Unai González Suárez. Outro dos valores do libro é a recompilación de documentación e imaxes antigas e inéditas de Aguiño, que ducias de veciños/as de Aguiño facilitaron para a súa difusión e supón unha recuperación do patrimonio material e documental desta parroquia.

 
Agardan presentalo antes do Nadal nun acto en Aguiño, e o seu prezo será "o máis asequible posible" para poder facer fronte á publicación, arredor dos 20 ou 25 €. Sen dúbida, un tesouro para todos os aguinenses e xente doutros lugares interesados por este pobo mariñeiro e vangardista na cultura, a lingua, a sociedade e a relixión.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical