29.11.09

Fotografía: o telecentro de Boiro colabora nun certame sobre o outono. Participa!

29 de novembro de 2009.- A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) da Secretaría Xeral de Medios, a través da campaña "Comunícate" e do telecentro de comunicación de Chantada, pon en marcha o I Concurso de fotografía dixital sobre o outono, no que participarán os TC da Fonsagrada, Boiro, Brión, Chantada, Lugo, Melide, Monterroso, O Barco, Oroso, Ourense, Verín e Xinzo de Limia.

O obxectivo deste certame é o de fomentar a creatividade no ámbito da fotografía a través das novas tecnoloxías, co fin de impulsar o seu uso. Poderán participar todas aquelas instantáneas que fagan alusión ao outono. As imaxes terán que ser inéditas e ter como escenario o municipio no que estea ubicado cada un dos Telecentros de Comunicación participantes.

Cada concursante poderá presentar no telecentro de comunicación no que participe un máximo de dúas fotografías co seu correspondente título. As fotografías deberán presentarse en formato JPG, cun tamaño máximo de 1 MB e unhas dimensións de 800x600 píxeles. O prazo para enviar as instantáneas remata o próximo 4 de decembro.

Haberá un gañador local (por cada Telecentro de Comunicación) e un gañador final de entre todos os telecentros de comunicación participantes.

Cada un dos TC organizará unha exposición con todas as imaxes participantes. Así mesmo, todas as fotografías presentadas ao concurso poderán visualizarse na plataforma da Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (http://telecentros.comunicacion.xunta.es). Para máis información, os interesados poden poñerse en contacto co telecentro de comunicación correspondente ou ver diretamente as bases aquí.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical