27.1.10

Ribeira: un petróglifo soterrado vivo

   A miúdo atopámonos con noticias de comunidades que celebran con ledicia o descubrimento de calquer remoto vestixio. Cada anaco de cerámica, petróglifo, fósil ou obxecto que referencie unha época histórica ou prehistórica é recibido como se dun tesouro se tratase.

 

    A Casa de Doña Adela, de carísima factura, parece que nun futuro —non sabemos cando virá o anxo que lle franquee as portas , será destinada a facer de exposición mostrando o pasado e presente da moi nobre e moi leal cidade de Ribeira na súa faceta histórica. Neste cubículo de luxo onde con catro basta, din que se pretende instalar un museo de bonecas e armas ferruxentas: representativas da historia de Santa Uxía?

 

    No esquife recinto espéllase a calidade de xestión dos excelentísimos, ilustrísimos e lela-oposición que rexen os ignotos destinos dos pacientes e resignados súbditos. Anoréxicas rúas, residencias abafantes, museos breves, prazas de abastos africanas, estacións de autobuses tropicais e alamedas de paus secos contribúen ao decoroso glamour da estrinxida capital do concello.

 

Neste caso amósovos un petroglifo que foi soterrado vivo: Desfíxose unha casa antiga, e no muro do lindeiro, aparece esta pedra riscada amosando unha singular gravación que, a xulgar pola súa situación, denota que na súa orixe tivo outra ubicación e misión. O caso é que o achádego foi denunciado para a súa recuperación pero a fatalidade, a apatía, o desleixo, a falla de interese e a idiotez deixaron que a pedra e a mensaxe impresa na mesma seguise emparedada per secula saeculorum.

 

Estes xestos denotan a vocación, sensibilidade, vontade e intención que reinan no aristocrático ambiente da capital barbanzanaá hora de civilizar ás asilvestradas mesnadas.


Domingo Regueira

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical