Vistipoi é unha aldea da Barbanza cerca do Castelo de Burleu. Sen saber como, inspirou aos americanos para crear a súa famosa escola militar West Point.Sitúo este relato neste inverosímil lugar para camuflarme diante das pragas que me poidan caer en forma de multas e outras sutís armas represoras coas que contan as administracións locais e do estado. Falo por experiencia. Tamén teño que confesar que con esta pseudodemocracia declárome cismático, agnóstico, escéptico e ácrata. Ata onde me deixen, claro! Os romanos construían grandes sumidoiros para conducir os regatos que baixaban das fontes para salvar ás corredoiras da erosión das augas, e conducilas ó mar.Froállentos técnicos e incompetentes administradores locais, en vez de facer un gran colector que recolla ordenado todo o aramiage e tubarías dispersas polo subsolo, sementan o chan dunha confusa, complexa e perigosa maraña de tubaxe que cando algún destes tutos se atasca, hai que rebentar coas lousas de pedra, e con medio metro de formigón que lle verten por riba, enchendo de pó os locais comerciais e levantándolle os miolos á veciñanza co ruído das piquetas reumáticas. Observamos con que “arte” están soterrando as liñas de R, Telefónica, auga, gas, luz e alcantarillado na Rúa do Médio en Vistipoi.Tamén sorprende ver ó rústico vicindario, con que ansia esperan recibir o título de moi humanizada veciñanza outorgado por esta corporación ao rescatar á barriada do salvaxe canibalismo en que estaba inmersa, pasando de ter que saltar por riba da bosta, a taconear polas rúas de granito bruñido. Dentro de pouco, ao menor atasco, empezarán a escarabellar nas lousas serradas, pegadas e axustadas co custo que estas avarías supoñen.En Holanda vin como reparaban unha tubaxe debaixo de unha beirarrúa: sen ruídos, pó, nin rotura do enlousado. Cos mesmos adoquíns a modo de puzle, fóronos encamando sobre area, e, nun tris tras, levantaron, repararon e repuxeron o solado. Coido que algúns ben saben destas técnicas para facer máis económica e doada calquera obra ou reparación, pero se cadra, interesa que construcións, arranxos e remendos sexan o máis custosas posibles. E isto pasa por que nós, os mansos, dóciles e paifocos, só temos dereito a ir coma pasmados a votar, pagar as obras e contemplar atónitos como os homes do casco levantan, enterran e volven a picar rúas, cañarías e beirarrúas. Pero: pedir responsabilidades a técnicos nin a políticos? Diso nada!! Quen é o redactor do proxecto? Quen é o supervisor das obras? Quen é o pedáneo responsable? É unha pantasma, unha alma en pena, un poltergeist. Quen se atreve a denunciar estas torpezas, estas chapuzas, estes insultos, esta maneira de soterrar os nosos impostos? Coido que nos tempos que corren non é de recibo que estas humanizacións se desenrolen deste xeito, nin que teñan semellante custo, nin tal barbaridade de tempo de execución.Chapuceiros deseñadores de rúas, edificios públicos, sumidoiros, prazas, parques, miradores e monumentos pululan fachendosos polas rúas dos pelouros sen que ninguén cuestione a súa responsabilidade ó ver como están a catapultar á esta noutrora xoia da Barbanza ós rankins das parroquias do feísmo, do horror circulatorio, aparcatorio, do cheiro dos rexistros e das augas, e dos verquidos que de vez en cando dan unha nota de cor á prateada cloaca portuaria. Para ilustrar este cítrico relato, adxunto unhas gráficas estampas.
.- Monumento talvez, representando a “pétrea” mentalidade dunha poboación fisterrán. Fermosa escultura desprendida dunha canteira que debe representar o cerebro gris afectado por unha banda escura que probablemente signifique unha tara na aborixe raza magdaleniense oestrímnica. Hoxe, sueva-barbanzana. .- Nesta outra, doada por uns irmáns dos membros da corporación municipal de Vistipoi, parece que amosa outro aperulado cerebro barbanzán metido nunha gaiola para que non medre, e así fosilizado permaneza ad vitam eternam a intelixencia da relevante raza dominante da touta.
.- Estas últimas representan o desenrolo da obra na Rúa do Medio coa súa enmarañada rede de tubaxe a modo de arterias e veas e flebíticas.
.- Monumento talvez, representando a “pétrea” mentalidade dunha poboación fisterrán. Fermosa escultura desprendida dunha canteira que debe representar o cerebro gris afectado por unha banda escura que probablemente signifique unha tara na aborixe raza magdaleniense oestrímnica. Hoxe, sueva-barbanzana. .- Nesta outra, doada por uns irmáns dos membros da corporación municipal de Vistipoi, parece que amosa outro aperulado cerebro barbanzán metido nunha gaiola para que non medre, e así fosilizado permaneza ad vitam eternam a intelixencia da relevante raza dominante da touta.
.- Estas últimas representan o desenrolo da obra na Rúa do Medio coa súa enmarañada rede de tubaxe a modo de arterias e veas e flebíticas.
Domingo Regueira
PD. Un é escravo do que fala e dono do que cala. A faneca, o chincho e a xouba, sen falar, acaban na tixola. Ou sexa: tanto se falas, coma se non, podes acabar frito.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario