· Luns e mércores (9:30-10:30): Ximnasia para maiores (23 asistentes); colabora o Concello de Rianxo.
· Martes (10:00-12:00): Obradoiro de memoria (10 asistentes); colabora o Concello de Rianxo.
· Xoves (19:00-21:00): Arte Floral (15 asistentes).
· Venres (20:00-22:00): Curso de Poda (20 asistentes)
· Venres (20:30-21:30): Curso de Pandeireta (14 asistentes)
· Sábado (11:30-13:00): Curso de Debuxo (10 asistentes)
· Sábado (20:00-21:30): Curso de Gaita (17 asistentes)
· Sábado (21:00-22:30): Baile de Salón (16 asistentes)
· Domingos e días festivos a escola está aberta para todo aquel o que o desexe para que poida xogar a baralla, dominó, facer tertulias...
Os responsables da asociación de veciños de Araño apuntan que "estamos tendo unha participación dunhas 125 – 150 persoas que están anotados e desenvolven os cursos que organiza a Asociación de Veciños". Pero "en canto ao Centro Social, é unha demanda que levamos moitos anos facéndolle ao Concello, xa que a antiga Escola de Buhía (na que estamos de prestado) non temos espacio para celebrar todas estas actividades (imaxinade os 23 asistentes a ximnasia para maiores nunha aula dunha unitaria intentado facer “ximnasia”, ou aos participantes en baile de salón ...).
Ademais de facer unha vez máis esta reivindicación, que semella xusta e necesaria, os veciños do Araño convidan ao seu Entroido a todo aquel que queira participar. É un Entroido Monárquico (ten un rei que se chama Toribio, disque) e celébrase este sábado 13 de febreiro dende as cinco da tarde. O fin de festa pono o grupo rianxeiro "Os Cangrexeiros". Pregade para que non chova, pois nese caso, non hai festa.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario