8.2.10

Rianxo: o Bng chama mentireiro ao alcalde Pedro Piñeiro ao negar éste "incluso o redactado no BOE"

(nota íntegra do Bng)
O BNG reitérase na existencia de 700 mil euros para amañar Tanxil nos orzamentos estatais do 2008 sen executar

Incuestionábel existencia dunha partida para amañar os cantís de Tanxil e Tronco como reflexa o BOE que publicou os orzamentos estatais

    Rianxo, 8 de febreiro de 2010.- Por moito que o Alcalde de Rianxo non queira ver, non existe dúbida ningunha da existencia dunha partida orzamentaria nos orzamentos do 2008 para realizar amaños na zona de Tanxil e Tronco. Unha zona entón moi afectada por derrubes e caídas de árbores e terra e que esta nun estado lamentábel. Entón tamén en Tronco permaneceu vedado o acceso a vehículos polo perigo existente. Esta situación fixo que o BNG incluise unha partida na súa negociación co PSOE do Estado e que esta fose aprobada como reflicte o BOE.

JEFATURA DEL ESTADO

LEY 51/2007, de 26 de diciembre, Suplemento del BOE núm. 310 Jueves 27 diciembre 2007 e que na súa páxina 69 recolle expresamente na

SECCIÓN 23. MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE como ALTA
  —  Sección 23
  —  Servicio 06
  —  Programa 456D
  —  Capítulo 6
  —  Artículo 60

— Proyecto (nuevo) 200823061506 Recuperación cantiles entre Tanxil y Tronco. Rianxo (A Coruña) — Importe: Incrementar en 700 miles.

    Tamén se poden consultar diferentes preguntas parlamentarias do Deputado do BNG Francisco Jorquera e de deputados doutras formacións que certifican a existencia desa partida e da súa non execución.

    Das declaracións do alcalde sacamos a conclusión de que lle amola especialmente que o BNG consiga fondos para Rianxo e ata é capaz de chegar á mentira de cuestionar incluso o redactado no Boletín Oficial do Estado para tapalo. En segundo lugar que non se gastou nada neste lugar que prosigue a súa degradación. Polo que, lonxe doutras polémicas, o BNG de Rianxo quere se invistan xa e que busque recuperar os fondos para realizar amaños de urxencia que eviten o deterioro do camiño a Tanxil, melloras da seguridade dos viandantes e garantir a seguridade na zona de Tronco.

    Esperemos que o Alcalde non diga que as fotos que acompañan este comunicado son unha montaxe de photoshop encargada polo BNG.

Relacionada: instan a acadar fondos do Estado para...


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical