26.2.10

Ribeira: sorteo por cupos de 21 vivendas (18 en alugueiro) en Xarás o luns 1 de marzo

O IGVS sorteará entre os adxudicatarios o próximo un de marzo 21 vivendas de promoción pública construídas en Ribeira

Trátase de inmobles de dous e tres dormitorios (hai unha acondicionada para o seu uso por persoas con mobilidade reducida).

Os adxudicatarios recibirán unha notificación individual indicándolles os trámites a seguir antes da entrega e as condicións económicas

Un total de 18 vivendas adxudícanse en réxime de alugueiro e tres en compravenda

Ribeira, 26 de febreiro de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, acaba de anunciar que procederá o próximo luns, día 1 de marzo, ao sorteo entre os adxudicatarios de 21 vivendas de promoción pública construídas en Xarás, no concello de Ribeira.

Dado que existen vivendas de dous e tres dormitorios, así como unha adaptada para persoas con mobilidade reducida, o sorteo realizarase por cupos, de maneira que as vivendas de tres dormitorios se sortearán entre as unidades familiares de maior número de membros e a vivenda adaptada para minusválidos se adxudique a quen cumpre os requisitos esixidos.

Despois do sorteo os adxudicatarios recibirán por escrito unha comunicación individual do IGVS na que se lles explicarán os trámites a seguir antes da entrega das vivendas (ingreso do IVE no caso de vivendas en compravenda e da fianza nas de alugueiro) e as condicións económicas aplicables a cada caso.

A normativa que rexe a adxudicación de vivendas de promoción pública obriga a que se adxudiquen en réxime de alugueiro cando os ingresos familiares non superen 1,5 veces o Indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem). No caso de Ribeira son 18 as vivendas adxudicadas en réxime de alugueiro, con rendas que poden oscilar entre 0s 82 e 140 euros mensuais, en función da superficie de vivenda e a composición e ingresos da familia.

As tres vivendas restantes adxudicanse en réxime de compravenda. O prezo a pagar polos adxudicatarios poderá oscilar entre 32.000 e 56.000 euros, en función dos ingresos familiares, a composición da familia e a superficie da vivenda. Tanto no caso do alugueiro como no de compra venda a Xunta de Galicia aplica sobre o prezo real da vivenda reduccións entre o 40 e o 60 por cento, en función dos ingresos da familia, o que permite que as contías mensuais a pagar polos adxudicatarios sexan as indicadas.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical