29.3.10

COMUNICADO DE PRENSA SOBRE A ACTUACIÓN DO GOBERNO PSOE-BNG NO DESLINDE CO CONCELLO DE PADRÓN

(Nota de prensa do PP)

4244957941_63fcca06dd.jpg

     O Partido Popular de Dodro quere manifestar o seu total rexeitamento á actuación do goberno PSOE-BNG dos últimos días na zona de deslinde co Concello de Padrón. O único que conqueriron PSOE e BNG foi avergonzar ós nosos veciños que non se merecen uns representantes como o sr. Díaz e o sr. Franco.

     Durante anos tanto o Concello de Dodro como o de Padrón se moveron con un deslinde “aproximado” baseado en planos de concentración que non se correspondía co real e que dou pé á ocupación dos terreos de Dodro durante a Pascua. O Partido Popular en novembro de 2007 xa fixo unha proposta para delimitar a línea de deslinde pero tanto o PSOE como o BNG a rexeitaron o que permitiu que esta situación continuase.

     Fai escasos meses o Instituto Xeográfico Nacional remitiu a documentación do deslinde tal e como se delimitou no ano 1931, e o Partido Popular voltou a presentar unha nova proposta para chegar a un acordo co concello de Padrón e usar os terreos de Dodro para outros usos alternativos durante a Pascua. Pero novamente PSOE e BNG coa súa prepotencia habitual rexeitaron a proposta, preocupados por non dar razón ó Partido Popular sen importarlle os intereses dos veciños a quenes representan.

     O tempo non fai senón dar a razón ás propostas do Partido Popular, e agora temos que asistir a un espectáculo bochornoso, propio dun circo de feira, onde os representantes do PSOE e BNG de Dodro, intentan arranxar o problema a última hora e empregando a forza, para ó final, encartar a orella e deixar aínda máis avergonzados a todos os veciños de Dodro.

     Resulta lamentable que agora, despois de case  tres anos dende a proposta do Partido Popular, o goberno PSOE-BNG malgaste os cartos do Concello de Dodro nunha obra que faga de fronteira física (e non en todo o deslinde) co Concello de Padrón por causa da súa ineptitude e incapacidade para ofrecer e chegar a acordos que permitan a convivencia normal e que sempre existiu entre veciños de Dodro e Padrón.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical