29.3.10

Venres Frenético en Dodro

(Nota de prensa do Concello de Dodro)

3991403434_54a2580f86.jpg

O pasado venres houbo unha intensa actividade no Concello de Dodro. Ás 19 h. celebrouse a Xunta de Goberno Local no que se iniciaron as tramitacións de adxudicación das obras incluidas no chamado PLAN E, de soterramento de colectores en Lestrobe e tamén a de anclaxe de colectores ao carón de vías públicas.

Tamén se acordou solicitar duas subvencións á Xunta, unha para o cofinanciamento da prestación de servizos sociais e a outra para o fomento de emprego a través dos programas de cooperación, pola cal o concello de Dodro solicita 30 traballadoras/es para incorporar á súa plantilla financiados pola Xunta.

Tan só  unha hora máis tarde celebrouse o pleno ordinario, no que se aprobaron por unanimidade duas ordenanzas fiscais, unha pola utilización da pista de pádel e a outra pola utilización do campo de fútbol municipal.

Tamén nese pleno se aprobou a adxudicación definitiva da obra do teatro, polo que as obras comezarán en breve. Contratación á que o PP se opuxo xa que explicou en numerosas ocasións que se opón á súa construcción. Recordamos que esta obra está subvencionada nun 80% pola Deputación de A Coruña, polo que o concello finalmente terá que pagar, de fondos propios, só uns 32.000 € para que o concello poda recuperar unha infraestrutura para as súas actividades, sendo de especial interés para a   Concellaría de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Franco teña ao seu dispór unhas instalacións que permitan darle máis calidade e comodidade ás múltiples actividades que realiza ó longo do ano.

No pleno tamén se iniciaron os trámites para a adxudicación das obras incluidas no Plan E do saneamento de Revixós, cun procedimento que premia a calidade técnica das obras e a reducción de prazos de execución fronte á  baixa de prezos. Esta obra será semellante á realizada fai un ano na aldea de Imo, que serve de modelo ao que se pretende realizar no resto dos núcleos de poboación do concello nos vindeiros anos por este goberno municipal.

O pleno, cargado de asuntos, tamén tratou o proxecto de Costas para as Brañas, do que os veciños foron informados no seu día. Nesta ocasión tratábase de acordar tres puntos necesarios para que Costas poida executar o proxecto: o compromiso de mantemento das obras por parte do concello, a exención de taxas pola licenza de obras e a cesión dos terreos municipais a Costas, tendo en conta as alegacións ao proxecto presentadas polo Concello.

Xa para rematar aprobouse unha moción presentada polo BNG para declarar Dodro un concello contra as corridas de touros e amigo dos animais. Esta moción preséntase agora pola proximidade de corridas de touros na capital da comarca nos vindeiros días, sendo un debate que na actualidade se está dando na sociedade.

Asimesmo, a unha pregunta formulada polo PP, o BNG respondeu que non está dacordo coa actuación que o Alcalde e o concelleiro de obras fixeron nos terreos de deslinde con Padrón o pasado fin de semana xa que, segundo a opinión do BNG, o territorio do concello debe defenderse de maneira política máis discreto e dándose a respectar no diálogo e na negociación co concello de Padrón, que non mostra interés en resolver este asunto.  

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical