8.3.10

Mar: solicitan que a Lei de Navegación marítima recoñeza embarcacións históricas e tradicionais


 

Os nacionalistas presentan no Congreso unha emenda para que estas embarcacións teñan un estatuto xurídico propio que garanta a súa protección e promoción

 

Madrid, 8 de marzo 2010 .- (Nota íntegra do Bng) O BNG ven de presentar no Congreso dos Deputados unha emenda ao proxecto de Lei Xeral de Navegación Marítima para que esta norma tamén contemple a protección e promoción das embarcacións históricas e tradicionais, un tipo de embarcacións con grande raizame en Galiza.

 

Neste sentido, a iniciativa do BNG solicita que as embarcacións “se rexan por un estatuto xurídico propio, desenvolvido por vía regulamentaria, que garanta a súa protección, uso e promoción das mesmas, así como dos oficios artesanais vinculados a elas, entendendo que forman parte dun legado cultural e patrimonial inherente á sociedade española (...) e entendendo que son un vivo patrimonio marítimo común de interese público”.


Dorna de Palmeira

 

Ademais, o BNG reclama que esta norma “recolla e unifique nun único estatuto xurídico os criterios e normas a aplicar ás embarcacións tradicionais e históricas nos aspectos de construción, navegación, seguridade marítima, figuras de protección do patrimonio, instrumentos de fomento, réxime fiscal....etc”.

Por último, a emenda do BNG demanda que este estatuto xurídico propio para estas embarcacións “entre en vigor antes dun ano, contado a partir da publicación no BOE da presente Lei Xeral de Navegación Marítima”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical