-O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage recordou hoxe que “o goberno galego comprometeu a apertura do centro de Alzheimer de Ribeira no primeiro trimestre do ano 2010 ”.
-O Goberno galego respostaba nos pasados días ao deputado socialista que se interesara polo centro de alzheimer de Ribeira a través dunha iniciativa parlamentaria. A Xunta afirma na súa resposta que “ a entrada en funcionamento do centro será aproximadamente en tres meses”.
-Lage Tuñas proporá no parlamento que “se actúe con urxencia e se cumpran os prazos públicos dados pola Consellería de Traballo e Benestar , e recordo que falaron sempre do primeiro trimestre do ano 2010”.
-“Os socialistas vemos con preocupación como as políticas sociais non son prioritarias para o goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo, e un bo exemplo está na demora que está sufrindo o centro de Alzheimer de Ribeira”
-O deputado socialista cree que ”é o momento de reforzar as políticas públicas de atención ás persoas dependentes e para iso é fundamental poñer en marcha centros socio-sanitarias como o de Ribeira”.
Ribeira, 8 de marzo de 2010 (Nota íntegra do PSOE). O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage dou a coñecer hoxe a resposta do goberno galego a unha iniciativa deste deputado sobre as previsións da Xunta de Galicia sobre o futuro centro de alzheimer de Ribeira(A Coruña).
Lage Tuñas recordou hoxe que “o goberno galego comprometeu a apertura do centro de Alzheimer de Ribeira no primeiro trimestre do ano 2010”. Para o deputado do PSdeG é “crucial” que Ribeira avance en materia de equipamentos sociais e “que a Xunta de Galicia sexa máis dilixente e non incumpra os prazos que anuncia”.
O Goberno galego respostaba nos pasados días ao deputado socialista que se interesara polo centro de alzheimer de Ribeira a través dunha iniciativa parlamentaria. A Xunta afirma na súa resposta que “ a entrada en funcionamento do centro será aproximadamente en tres meses”. (ver resposta no documento adxunto)
Lage Tuñas proporá no parlamento que “se actúe con urxencia e se cumpran os prazos públicos dados pola Consellería de Traballo e Benestar, e recordou que falaron sempre do primeiro trimestre do ano 2010”.
“Os socialistas vemos con preocupación como as políticas sociais non son prioritarias para o goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo, e un bo exemplo está na demora que está sufrindo o centro de Alzheimer de Ribeira” afirmaba o Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia.
O deputado socialista cree que ”é o momento de reforzar as políticas públicas de atención ás persoas dependentes e para iso é fundamental poñer en marcha centros socio-sanitarios como o de Ribeira”.
“Non podemos asumir as demoras e os incumprimentos do goberno galego sen máis, cómpre unha reacción por parte do Presidente da Xunta diante dunha mala xestión por parte da consellería de Traballo e Benestar”, conclueu.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario