Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ir a: navegación, procuraEl Barbero Municipal foi un semanario fundado por Ramón Rey Baltar que se editou en Rianxo como órgano do Partido Conservador local e de liña maurista. Caracterizouse pola crítica á política do home forte da zona, o liberal Manuel Viturro Posse, secretario da Deputación Provincial da Coruña e do seu cacique local, o alcalde Manuel Pérez.
[editar] Historia
O primeiro número apareceu o 17 de xullo de 1910 e o último, o 191, o 7 de marzo de 1914. O xornal cobría o partido xudicial de Padrón, que comprendía os concellos de Dodro, Padrón, Rianxo, Rois e Teo. O seu director era Xosé Arcos Moldes e no xornal colaborou amplamente Castelao -na práctica, cofundador- con portadas, caricaturas e con distintos textos. Publicábase maioritariamente en castelán pero cómpre destaca-la sección "Faladurías", escrita por Castelao e o propio Rey Baltar, integramente en galego. Trátanse dos primeiros textos en galego que escribirá Castelao. Eduardo Dieste era o seu director literario e Ramón Rey Baltar colaborou co pseudónimo de Verduguillo.
Traído desde "http://gl.wikipedia.org/wiki/El_Barbero_Municipal"
Conexión Dieste, Castelao e Baltar... unha conexión que chegou ata hoxe, pero que está xerando polémica por esta casa:
E contra quen escribían? Contra un secretario da Deputación! Vai facer un século e pouco mudou o asunto...
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario