25.3.10

Ribeira: Verdegaia eleva un recurso de alzada contra a planta de regasificación de San Alberte


Imaxe de arquivo da romaría de San Alberte, no acto pagán de tirar a tella

Ribeira, 25 de marzo de 2010. A organización ecoloxista Verdegaia argumenta: "A concesión da licencia municipal de explotación está chea de irregularidades. Verdegaia, como parte interesada, participou cun escrito de alegacións no trámite de información pública da avaliación da incidencia ambiental relacionada coas licenzas de explotación e obras da Planta Satélite de Regasificación (PSR). Avisaba, entre outras moitas cousas, da improcedencia de situar a planta nun terreo público de protección forestal, que segundo a Lei é non urbanizable de protección. A pesar disto, e cun informe do aparellador municipal, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, tamén emite autorización administrativa previa da planta satélite de gas natural.
    O informe favorable de obra foi emitido polo aparellador municipal sobre un plano que non tiña o visado colexial. Nese informe indicase que o plano deberá visarse. Verdegaia non entende como se ditou informe favorable sen que Gas Natural tivera presentado o plano de demarcación entre zona forestal e zona do Polígono de Xarás.
Parece ser que a raíz das alegacións presentadas por Verdegaia, o emprazamento da PRS foi modificado. Esta modificación do emprazamento tivo lugar moito despois de que finalizara a avaliación de impacto ambiental. Polo tanto a cidadanía de Ribeira, non tivo a posibilidade de participar nun elemento esencial da avaliación ambiental cal é o emprazamento. Verdegaia recibiu a notificación sobre a licencia de obras e actividade para a instalación dunha PRS fóra de prazo, e só despois de ter requirida esta información expresamente.
    A PRS xustificase como provisional en tanto non se desenvolva o gasoduto proxectado. Mais dita provisionalidade queda nas mans da empresa do gas, que aposta por un sistema moito máis perigoso e máis contaminante pero dun custo moito menor (O custo da planta de gas é de 353.812 € fronte aos 14.508.000 € do gasoduto segundo os proxectos expostos polas promotoras).
    Dende Verdegaia avogamos por unha aposta decidida no uso eficiente da enerxía e das enerxías renovables, para ir substituíndo paulatinamente as enerxías esgotables nas que nos centramos de máis, hipotecando así o noso futuro. Aínda así, de tódalas enerxías non renovables, o gas é unha das máis limpas, polo que nos parece acertado optar por ela no canto doutras non renovables e menos limpas. Por iso, nós queremos que o gas chegue a Ribeira, pero a través dun gasoduto que cumpra con todos os requisitos ambientais.
    A PRS proxectada, non é segura porque a súa presenza suporá un tráfico continuado de camións cargados con 47 m3 de gas licuefacto a -161º C, que ceibados á atmosfera poderían dar lugar a unha nube explosiva dunha mistura de gas e aire de centos de miles de metros cúbicos. Estes vehículos poñen en perigo a miles de persoas que se atopan nunha franxa próxima aos lugares por onde se transporta o gas.
    Por outra banda, as medidas de seguranza da planta parecen estar pensadas para contar con persoal permanentemente, mais a planta é xestionada a distancia e non conta con sistemas de control, comunicación o eléctricos redundantes que podan activarse no caso de avaría do sistema principal".

O alcalde, nun acto de Gas Natural para celebrar a chegada

   Por outra banda, este mesmo xoves 25 de marzo, ás oito da tarde, o alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, participa no acto organizado por Gas Natural con motivo da chegada do gas natural ao municipio.
   Tamén acoden a este acto, desenvolto na Casa do Mar de Santa Uxía, Andrés Montero, delegado Galicia Norte Gas Galicia SDG; e José Antonio Sánchez Loureda, delegado Galicia Canales Expansión.

Páxina web de VerdeGaia: http://www.verdegaia.org

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical