María Luísa López Otero é a presidenta de O Faiado 2Boiro, 12 de abril de 2010. Na última asemblea xeral da asociación cultural O Faiado 2, que promove a etnografía e a cultura relacionadas coa bisbarra barbanzana, acordouse o seguinte: - Continuar coas exposicións bimensuais.
Integrantes de O Faiado 2 nunha andaina pola calzada romana de Vitres (Boiro) - Facer unha publicación sobre Camiños Antigos no Barbanza.- Seguir co programa de radio en Onda Cero, os luns ás 12:45 h.- Mesas etnográficas os martes (minería, muíños, heráldica, etc). - Agosto: IV Xuntanza sobre os escritores do Barbanza.- Colaborar coa agrupación de música antiga “Os menestreis”.- Realizar obradoiros de artesanía.- Unha viaxe cultural a Grandas de Salime a finais de setembro. - Realizar as IX Xornadas sobre Patrimonio Etnográfico.
Exposición sobre heráldica organizada por esta asociación. Foto: Diego Romero
A directiva desta asociación prega a todos aqueles interesados que fagan "propostas que considen interesantes".
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario