12.4.10

Rianxo: o IES "Félix Muriel" participa nun intercambio do Comenius en Polonia esta semana

Carlos Salgado falou en galego de física de partículas e enerxía nuclear

    Rianxo, 12 de abril de 2010. Continúan esta semana as charlas que o Equipo de normalización e dinamización lingüística (ENDL) organiza dentro da Semana cultural do instituto rianxeiro. Este luns 12 de abril membros da empresa Caramuxo fálanlles aos mozos e mozas de 4º ESO e 1º de Bacharelato dunha iniciativa empresarial orixinal, a de Camisolas de Galicia.

    O martes 13 de abril será o día dedicado ás linguas universais para o que o ENDL convidou ao profesor da USC José Manuel Vez Jeremías, profesor de didáctica das linguas estranxeiras da USC para tratar sobre “O galego e as linguas globais”. No mesmo día haberá unha sesión dedicada ao esperanto. O próximo mércores 14 rematan as actividades cunha xornada dedicada á lusofonía.

     Esta semana cultural, que comezou o pasado xoves 8, xa desenvolveu nas dúas xornadas un total de tres charlas. Os profesores universitarios Carlos Salgado e Socorro Castro foron os encargados da xornada dedicada ao galego e o mundo científico e Fuco Sanjiao desenvolveu un relatorio sobre o ámbito do dereito.


Comenius de loito en Polonia

 

    O ENDL tamén está participando no programa europeo  de Asociación Escolar Comenius no que participa o IES Félix Muriel  de Rianxo con centros de Grecia, Alemaña e Polonia. Desde este luns 12 ata o 17 de abril,  3 alumnos e 2 profesores  do instituto rianxeiro estarán na localidade polaca de Korzcyna, fronteiriza con Eslovaquia. O alumnado aloxarase con familias polacas e durante a estancia, todos os centros participantes presentarán cadansúa curtametraxe que trata sobre a súa particular realidade escolar e sobre o seu ámbito xeográfico e cultural. Nestes días o grupo Comenius visitará a cidades polacas de Krosno e Cracovia e mais Bardejov en Eslovaquia.


    Por casualidades tráxicas da vida, tócalles pasar uns días de dor e loito en Polonia logo da traxedia aérea do domingo pasado na que morreu boa parte da clase dirixente polaca.


Antes publicamos:



IES Félix Muriel: Vale o galego para a Ciencia?

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical