Ribeira, 16 de abril de 2010.- Na reunión do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia, celebrada hoxe, venres 16 de abril de 2010, ás 12 horas en San Roque, procedeuse á: o comunicación das modificación laborais producidas no equipo técnico (baixa do anterior director, presentación da nova directora e da nova Técnica de Prospección e Análise do Mercado de Traballo)
o aprobación das actas das anteriores Asembleas do citado Pacto Territorial
o aprobación das contas e balances
o aprobación da memoria de actividade 2009
o presentación das actividades levadas a cabo no primeiro trimestre do ano
o presentación das próximas actuacións A orde de intervención foi a seguinte: 1.- D. José Luis Torres Colomer: Alcalde de Ribeira e Presidente da Asemblea e da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia. 2.- Dna. Beatriz Pérez Rey: Directora do Equipo Técnico da UPD. (Tlf: 608.82.25.13) 3.- Dna. Gladys Bermudez Siaba: Presidenta da Federación de Empresarios do Barbanza e Tesoureira da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia. 4.- D. Carlos Enrique López Crespo: Alcalde de Outes e Secretario da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia.
Todos os estudios e análises levados a cabo pola UPD estan dispoñibles para a súa consulta no Blog da UPD en www.updbarbanza-noia.org
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario