16.4.10

Lingua galega: 35% menos de axudas aos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza

(Nota da Coordinadora de ENDL)

Na concesión de axudas para o ano 2010 o goberno galego deixa os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da Comarca do Barbanza cun 35% menos de orzamento que o ano pasado.

Anuncio dunha exposición sobre a Lingua que percorre Galicia

Ribeira, 16 de abril de 2010. A pasada semana fíxose pública a concesión de axudas para o desenvolvemeto de actividades nos centros públicos por parte dos Equipos de normalización e Dinamización Lingüística galegos polo que a Coordinadora de ENDL do Barbanza quere manifestar o seguinte:

1.Parécenos totalmente inadecuado que se concedan estas axudas no mes de abril, cando quedan apenas dous meses para o remate do curso, o que provocou que a actividade dos ENDL estivese practicamente paralizada durante todo o curso.

2.Se a reducción da contía das axudas (nun 20%) xa era o suficientemente importante, constatamos como se discrimina aínda máis aos ENDL da comarca do Barbanza que reciben axudas dun 35% menos. Estas cantidades farán que se impida a relización de actividades de carácter cultural e lingüísico, que se deixen de editar materiais, revistas etc que tiñan unha longa traxectoria nos nosos centros e excepcional recepción entre o alumnado e as familias.

3.Tendo en conta os dous puntos anteriores, consideramos que se está prexudicar gravemente o ensino público e, polo tanto, que se está a deteriorar dunha maneira evidente a calidade do ensino.

4.Desde a Coordinadora de ENDL facemos un chamamento ao diálogo e á negociación para evitar que a Consellería non continúe por este camiño de discriminación do ensino público porque prexudicar os nenos e nenas é prexudicar o futuro da nosa sociedade.

Información axudas 2009:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Admitidos_acoruna.pdf 

Información axudas 2010:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Axudas_ENDL_Publicos_ACoruna_042010.pdf


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical